25 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Deputación acomete as obras de renovación da cuberta do Pazo de San Marcos, ás que destina 345.000€

22-05-20

 Lugo, 22 de maio de 2020. A Deputación de Lugo acomete o proxecto de renovación da cuberta do Pazo de San Marcos, unha actuación na que a institución provincial inviste 345.000€ e que ten un prazo de execución de catro meses.

Estas obras quedaran suspendidas debido ás condicións meteorolóxicas adversas a principios de ano e estaba previsto que se retomaran a principios de marzo, aínda que finalmente a empresa adxudicataria, Construcciones López Urdi, S.L.U., aprazou o seu inicio debido á declaración do Estado de Alarma.

Os traballos, que desenvolverán 15 traballadores,consisten na renovación, por fases, da lousa pizarra que cubre a cuberta do edificio, un material que agora mesmo presenta deficiencias polo paso do tempo. A súa renovación contribuirá a manter en boas condicións a estrutura e o interior da sede da Deputación.

O Presidente, José Tomé Roca, subliña que a execución destes traballos da Deputación contribúen á recuperación da actividade da obra pública e con elo do sector da construción, co que iso supón para o mantemento do emprego.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive