10 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Burela denuncia a incapacidade para dialogar do alcalde

22-05-20

 Burela, a 22 de mayo de 2020.- O Partido Popular de Burela denuncia a total incapacidade para dialogar do alcalde, tal e como quedou constatado, advirten, “unha vez máis ao longo destas dúas últimas semanas coa toma dunha decisión unilateral sen contar co gremio de comerciantes, nin con asociacións como a de veciños, a Acia ou os hostaleiros”.

“Segundo se nos trasladou dende o gremio de comerciantes, a actitude do alcalde Llano dista moito de ser conciliadora”, e seguen, “foi o único Concello que non se puxo en contacto con eles para a organización do mercado, pois foron eles os que tiveron que chamar de forma continuada dende principios de mes ata que se dignaron a contestarlles”, afirman.

E é que tal e como manifestaron publicamente nos medios de comunicación, este é a única entidade local que aínda lles cobra en man, pois nin tan sequera ten elaborado un rexistro dos propios comerciantes. Dende as filas populares manifestan que “noutros Concellos, por certo do mesmo sino político, ata lles fixeron entrega de kits hixiénico-sanitarios”, indican.

Dende o PP afirman, deste xeito, que “é moi normal que, nestas circunstancias, os comerciantes, os veciños e o resto de asociacións busquen algunha formación política que lles ofreza unha resposta seria, rigorosa e coa que se poda dialogar”. “Nós só trasladamos as demandas dos diferentes axentes implicados, non nos pronunciamos sobre a localización do mercado en ningún momento, o que si lle exiximos ao Sr. Llano é que cumpra con dúas funcións que son inherente ao seu cargo, a escoita continua e o diálogo, algo ao que parece que renunciou neste mandato”, continúan os populares.

“Nesta deriva que está a ter o rexedor, está bordeando a ilegalidade”. Proba delo, é que “no pasado pleno xa denunciamos que non se nos está a remitir a información que levamos demandando nas últimas semanas dende hai uns dous meses, e iso que agora non pode poñer a escusa de que non está cuberto o departamento de secretaría”, é máis, segundo afirman, “solicitamos o informe que, segundo Llano, avala o cambio na situación do mercado para a zona de Torrentes e, como non, non se nos remitiu. Se o alcalde non está a infrinxir a lei, e non está a reter a información de forma intencionada, entón dito informe non existe”, destacan.

“Pero, non sería a primeira vez que o alcalde Llano, con ese descaro habitual, lle mente publicamente aos veciños e veciñas de Burela”, conclúen.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive