A Mariña, 31 de xullo de 2020. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza unha serie de rutas en agosto e setembro para completar e diversificar a oferta do xeodestino ademais de axudar na reactivación da actividade turística. A Mariña en Ruta desenvolverase nunha primeira quenda os días 5, 10 e 12 de agosto. A iniciativa foi presentada este mediodía no Cenima en Foz.
A Mariña Lucense é un enclave único, cunha ampla e diversa riqueza cultural e natural con 114 quilómetros de costa e 18 áreas protexidas. É o caso da Reserva da Biosfera Terras do Miño ou a do río Eo, Oscos e Terras de Burón que abarcan varios concellos da nosa comarca. Así como os Monumentos Naturais de As Catedrais e o Souto da Retorta, varias ZEC (Zonas de Especial Conservación), ZEPA (Zonas de Especial Protección para as Aves), Humedais de Importancia Internacional RAMSAR, espazos Rede Natura 2000 coma a Serra do Xistral, etc. A gran variedade de espazos de interese natural van desde os arcos rochosos da costa ou as covas do Rei Cintolo, pasando polos estuarios e marismas das rías, polos bosques e fragas dos vales fluviais. Acontece o mesmo coa riqueza cultural do noso xeodestino, un legado diverso e singular, con xacementos arqueolóxicos megalíticos e castrexos, fortalezas medievais e castelos, igrexas e templos de diversos estilos arquitectónicos, cascos históricos de vilas, muiños, hórreos, e outros elementos da arquitectura popular, tradicións, oficios e técnicas artesanais… Todo isto búscase poñer en valor dende a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense para darllo a coñecer tanto a visitantes coma á propia poboación local.
A Mariña Lucense, debido á súa riqueza paisaxística e cultural ofrece innumerables roteiros a pé que permiten gozar ao aire libre. A Mariña en Ruta, iniciativa que se leva a cabo coa axuda da Axencia de Turismo de Galicia e, para a súa promoción, coa axuda da Deputación de Lugo, nace para dar a coñecer a contorna natural (botánica, ornitoloxía, xeoloxía, etc), histórica e arqueolóxica dos diferentes municipios do xeodestino da Mariña Lucense. Trátase dun programa de rutas e actividades en torno á cultura e a natureza do xeodestino, que dotará dunha oferta turística ao aire libre á Mariña Lucense durante os meses de agosto e setembro.
No acto de presentación, que tivo lugar este mediodía, o presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, dixo que “é outra iniciativa da Mancomunidade que, grazas ao apoio da Deputación e da Xunta de Galicia que son quen nos financian, podemos levar a cabo para poñer en valor os nosos recursos, para promocionar o turismo como xeodestino único que somos, nun momento de crise económica que estamos vivindo asociada a eses positivos que temos de Covid-19, que afortunadamente pasamos o peor nesta oleada e que nos imos recuperando. Entón o que hai que facer é seguir promocionando un destino que non está masificado, ao contrario é tranquilo e agradable, e que nos permite desfrutar dunha zona única”.
Cajoto tivo palabras de agradecemento para os asistentes ao acto: “quero agradecer a presenza de todas as entidades colaboradoras, alcaldes, concelleiros, deputado de Participación Cidadá, Roberto García, e delegada territorial en funcións da Xunta de Galicia, Marta Barreiro. Esta iniciativa, que denominados A Mariña en Ruta, ven poñer en valor as distintas alternativas que temos nunha zona non masificada. Estamos falando que contamos na nosa comarca con zonas de especial conservación, zonas de protección para as aves, humedais de importancia internacional, temos espazos da Rede Natura como a Ría de Foz, monumentos, igrexas, patrimonio cultural e artístico para poñer en valor. Esta iniciativa consiste en informar e poñer a disposición de todos os turistas e de todo o público roteiros a pé, que permitan gozar dese destino ao aire libre e que descubran os aspectos menos coñecidos da comarca”.
E engadiu: “quero dar as grazas a Carlos Gil, da empresa Maremasma, encargada de coordinar o proxecto, por ese gran traballo”.
Pola súa banda, Carlos Gil, explicou que “o proxecto xira en torno a tres piares básicos. O primeiro é o xeodestino, poñer en valor todos os recursos principalmente naturais e culturais que temos na comarca da Mariña lucense a través deste programa de rutas guiadas. O programa pretende ademais reactivar a actividade turística neste momento, que é tan necesaria. O segundo punto sería a transversalidade a nivel de municipios, incluíndo a todos por igual. O que intentamos transmitir cando deseñamos o logotipo por exemplo foi a todos os municipios unidos formando unha rede. Transversal tamén a nivel do público obxectivo ao que vai dirixido, queremos que as familias que veñen, as parellas ou a xente que viaxa soa poida coñecer A Mariña dunha forma diferente. O terceiro dos puntos, e para min dos máis importantes, é realzar o talento deses guías que van mostrar parte do seu coñecemento a través deste programa”.
Gil subliñou que “todo este proxecto xa está activo a través da páxina web enruta.amarinalucense.gal, oo cal podemos acceder, temos toda a información sobre as rutas, o calendario, información sobre os guías e tamén para apuntarse. As reservas faranse a través dun formulario online, moi cómodo e en dous minutos podemos anotarnos na ruta que queiramos e que estea programada no calendario”.
O obxectivo principal de A Mariña en Ruta ademais de axudar na reactivación da actividade turística, é completar e diversificar a oferta do xeodestino en base ao patrimonio cultural e a natureza, sendo as actividades neste espazos as que motivan principalmente a visita á Mariña Lucense, e mais se cabe nesta época de crise provocada polo Covid 19. E tamén, que os participantes descubran os aspectos menos coñecidos da comarca da man de guías e axentes locais sempre en base aos recursos propios e que poñan en valor a realidade do destino, en consonancia coa filosofía do turismo slow na que se traballa dende hai anos na Mancomunidade, coa realización de roteiros e actividades nos diferentes municipios.
Para iso foron deseñados unha serie de roteiros de diferentes temáticas e localizacións, que terán lugar durante agosto e setembro do 2020, coas seguintes características:
Duración: 2-3 h.
Prazas: 15 (actividades cun só guía) e 25 (actividades con dous guías).
Prezo: 5€ individual / 8€ parella / 12€ familiar ou grupo ata 5 membros.
Información e reservas vía formulario de inscrición:
Web: enruta.amarinalucense. gal
Email: enruta@amarinalucense.gal
Telf: 722.16.41.06
A primeira das rutas comeza o próximo mércores, día 5 de agosto , en Mondoñedo cun paseo cultural por Mondoñedo para coñecer mellor o amplo e valioso patrimonio desta cidade, capital dunha das sete provincias do Antigo Reino de Galicia, e un dos seus barrios máis emblemáticos: o Barrio dos Muíños.
Continúan o 10 de agosto, cunha ruta á Pena da Abaladoira con Pedro Rolle e Guido Guía. Trátase dun roteiro de trazado circular que discorre integramente pola Serra do Xistral, unha paraxe natural que pertence á Rede Natura 2000, zona LIC (Lugar de Interese Comunitario) e ZEPVN (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais). Nela nacen os principais ríos da comarca: Ouro, Masma e Eume. Neste roteiro poderase gozar do máis importante complexo de turbeiras de cobertor do sur de Europa, así como da flora e fauna a elas asociada, fragas de especies autóctonas e un mar de formacións rochosas onde se atopa Pena Abaladoira, un bolo granítico que se empregou desde tempos prehistóricos en cultos de fertilidade e noutras funcións ao longo dos séculos.
A Mariña en Ruta seguirá o 12 de agosto con Óscar Chao, que dende o ano 2017 é Coordinador do Proxecto Rebinxe e presidente da Asociación Rebinxe: pola recuperación da biodiversidade. O roteiro será á Fraga da Furna, unha ruta de interpretación de ecosistemas característicos da Serra do Xistral. Pretende ser unha iniciación á procura e interpretación de indicios de presenza de fauna silvestre (pegadas, excrementos, depredacións…). A ruta discorre por unha das fragas mellor conservadas do norte galego, onde se analizará a súa orixe xeolóxica, a súa fauna e flora asociadas, e os asistentes comprobarán o contraste cos ecosistemas de altura e turbeiras de cobertor, así como a presenza de diferentes especies animais, normalmente esquivas e de hábitos nocturnos, a través de cámaras de foto-trampeo.
Para máis información:
https://enruta.amarinalucense.gal/























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



