13 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Mariña reflexiona nunha situación atípica

10-07-20

 A Mariña, 11 de xullo, 2020. A provincia de Lugo escolle 14 dos 75 deputados en liza nas eleccións deste domingo.
Unha cita na que a comarca da Mariña foi epicentro informativo electoral na campaña polo rebrote de Covid-19 que fixo dividir aos Concellos en 2 bandos segundo a cor política, nun os 10 socialistas e nacionalistas (Barreiros, Trabada, Ribadeo, Lourenzá, Alfoz, Burela, Foz, Viveiro o Valadouro e Ourol) criticaron o traspaso de responsabilidade da xestión aos Concellos e avogaron porque se suspenderan as eleccións. Por outra, os populares de Cervo, Xove, Mondoñedo e O Vicedo, defenderon a postura da Xunta en canto ao tratamento sanitario e á celabración dos comicios.

A pregunta é se isto pode ter incidencia nos resultados, se atendemos á tensión medrante nos últimos días, semella que si. Os cruces de declaracións foron constantes e directos, e a visita de pesos pesados á provincia tamén o confirmaría: Rajoy, Sánchez, Casado… e por suposto todos os e as candidatas á presidencia

Dos 350.787 lucenses con dereito a voto, 10.303 fixérono por correo. Lembramos que hai 4 anos o PP obtivo 8 deputados, por 3 dos socialistas, 2 das Mareas e un do BNG. En citas máis recentes os resultados foron ben distintos, de feito os concellos máis importantes da provincia e polo tanto a maioría dos lucenses están en mans socialistas/nacionalistas como está a Deputación. Vilalba, noutrora buque insignia do PP caía tamén o pasado ano despois de sumar maiorías aboslutas en todas as citas en democracia.
Mais xa se sabe que cada cita é distinta e as expectativas do PP medran respecto ao sucedido nas municipais e xerais. Resta saber ata que punto.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive