Ribadeo, 9 de xullo de 2020. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinou hoxe un convenio de colaboración con Acisa/CCA. Estará vixente durante os anos 2020, 2021e 2022 e permitirá seguir impulsando o comercio na vila.
O rexedor reiterou o interese e apoio do Concello a un dos sectores máis representativos e dinámicos de Ribadeo: “nós como institución cremos que a unión fai a forza e a entendemos vital nestes momentos, de aí que incrementemos nun 31 por cento a contía deste convenio con respecto ao trienio anterior pasando de 42.000 euros a 55.000 euros”.
O concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, expresou a súa satisfacción pola sinatura do convenio que “ven culminar esa folla de ruta para a modernización, innovación e promoción do comercio de Ribadeo. Este acordo plurianual permitirá planificar con previsión as accións a desenvolver nos vindeiros anos de cara a impulsar o comercio local e facelo aínda máis atractivo e competitivo”.
As liñas de traballo xerais que se marcan serán a innovación e fomento do comercio local, promoción e dinamización, fomento das sinerxias entre o comercio e turismo, capacitación e profesionalización do sector e o apoio á transformación dixital do pequeno comercio, que terá un papel esencial. Trátase dunha liña de traballo na que o Concello de Ribadeo quere afondar e apostar firmemente nos vindeiros anos.
Vizoso Galdo engadiu que “desde o goberno municipal continuaremos indo da man coa Asociación de Comerciantes para poñer en marcha proxectos que teñan como obxectivo principal a dinamización da actividade económica e a creación de emprego e que potencien e modernicen o pequeno comercio”.
Desde Acisa o seu presidente, Francisco Iriarte, amosouse satisfeito pola sinatura deste convenio: “estamos moi contentos polo incremento na contía do mesmo. Todos os anos se producía, pero nesta ocasión é maior debido á crise derivada do Covid-19. Pedímoslle un esforzo maior ao Concello para poder organizar campañas os vindeiros meses de apoio ao comercio e á hostalería locais, que tan necesitados están da nosa axuda”.
E engadiu que “tamén haberá unha maior aposta desde o Concello polos provedores locais. Xa a había, pero agora será máis importante”.
Asinaron o convenio plurianual entre Concello e Acisa o alcalde e o concelleiro de Comercio xunto ao presidente da Asociación de Comerciantes. Tamén asistiron ao acto o xerente e o vicepresidente da organización empresarial.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



