13 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Acisa critica que sigan as restricións de mobilidade en Ribadeo e esixe ás administracións recursos para recuperar a imaxe turística da vila e axudas directas para o colectivo empresarial

10-07-20

 Ribadeo, 10 de xullo de 2020. Acisa critica a decisión tomada de manter as restricións de mobilidade en Ribadeo, xa que prexudica claramente á economía deste concello.
Desde a directiva de Acisa sinalan que “si hai unhas horas faciamos balance dos cinco primeiros días deste peche das fronteiras, agora esas cifras increméntanse. Ter outras cinco xornadas mais coa mobilidade restrinxida supón un grave revés para a economía da vila. Non logramos entender cómo se toma unha decisión deste calibre, xa que vai complicar moito o futuro de Ribadeo e dos seus negocios”.
A directiva de Acisa considera que “se está castigando aos sectores do comercio e da hostalería, que están a cumprir en Ribadeo as normas escrupulosamente. Con esta decisión, adoptada hoxe, a tempada de verán preséntase moi complicada. Nos últimos días producíronse centos de cancelacións en hoteis e restaurantes e esa vai ser a tónica das próximas xornadas”.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo esixe “recursos ás administracións para recuperar a imaxe turística das nosas vilas e axudas directas aos nosos asociados e asociadas”.
Desde Acisa fan unha chamada á poboación co obxectivo de que cumpran con todas as normativas vixentes “e así non aumenten os contaxios por coronavirus e esta delicada situación remate canto antes”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive