Desde o día 12X, xornada electoral estival, corren ríos de tinta analizando a histórica vitoria electoral do PPdG e de Feijoo, 42 deputados/as, asisto perplexo a unha afirmación que empeza a ser case unha serenata: “o PP de Feijoo é como o PNV” e case que me da a risa, coñezo ben o PNV e non é o PPdG.
É certo, teño que recoñecer, que as dúas formacións están fortemente intricadas nas sociedades correspondentes, pero esa é xa a primeira gran diferencia: nin Galicia é Euskadi nin Euskadi é Galicia nin as sociedades son iguais e nin os problemas estruturais os mesmos. Non cómpre sinalar, para aclarar, a diferencia de nivel de vida, sabémolo ben.
Iñigo Urkullo non renega da súa pertenza ao PNV, é máis o propio PNV é un valor electoral como marca e Ortuzar é un puntal na contenda electoral, Feijoo xa sabemos o que fixo, agochar as siglas do PP e anular a Casado na contenda galega.
Pero o que máis diferencia ao PP galego e a o PNV é a efectividade na defensa do marco estatutario de cada nación, é máis, alguén cree que o PP defende unha Galicia Nación? A acción de goberno de Feijoo en relación ao Estatuto de Autonomía de Galicia é igual a cero. Repasemos, neste punto, e vexamos a cantidade de negociacións de Aitor Esteban nas que consigue transferencias e avances no autogoberno vasco.
Non, o PP de Galicia non é nin de lonxe o PNV na súa acción de goberno, si é certo que esteticamente e publicitariamente a Feijoo interésalle unha capa de pintura similar, pero só superficial, non leva a imprimación que ten o PNV unha imprimación de historia, sentimento e Nación que Feijoo nunca terá, pola súa tendencia a ser un home de estado e constitucional.
O PNV precisamente pide, urxe, unha reforma constitucional e traballa nunha relación bilateral con España, Feijoo conformase con ser a autoridade delegada do Estado, monárquico e servil.
As diferencias son moitas: a familia europea é distinta, a acción de goberno dista moito, o sentimento nacionalista, a seriedade de xestión… Non caiamos nesa tese, non beneficia a Galicia. A realidade é fría e os datos máis, o PPdG será como o PNV cando o RISGA en Galicia non sexa 300 euros menos que en Euskadi, pero para iso precisamos un Partido Nacionalista en Galicia, que xa existe do mesmo espectro que o EAJ-PNV, chegará en 2024?
Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



