Viveiro, 30 de xullo, 2020. O BNG de Viveiro vén de rexistrar un rogo para o pleno do vindeiro 4 de agosto co obxecto de instar ao Goberno de María Loureiro a axilizar o proceso de contratación, por acumulación de tarefas, de dúas prazas de administativxs cuxas bases do proceso selectivo foron publicadas o 12 de marzo e que a día de hoxe atópase paralizado, pendente de nomear os membros do tribunal de selección e polo tanto, da constitución de devandito tribunal, responsábel de avaliar as solicitudes presentadas e elaborar a proposta da listaxe das persoas admitidas para participar no proceso de selección.
A portavoz do BNG, Miriam Bermúdez, recórdalle á alcaldesa a urxente necesidade, como xa propuxeran xs nacionalistas no pleno de debate do orzamento 2020, do reforzo de persoal naquelas áreas municipais que son clave para poñer en marcha e executar con axilidade as medidas que se aprobaron dentro do plan de reactivación da economía local de Viveiro (como é a convocatoria de axudas para pemes e autónomxs, cuxo prazo de solicitudes vén de abrirse o pasado 22 de xullo), e ao mesmo tempo, axilizar a tramitación e execución dos programas de investimentos e axudas procedentes doutras administracións co fin de ofrecerlle ás veciñas e veciños de Viveiro e ao sector ecónomico local, unha colaboración e un servizo público coas máximas garantías de calidade e eficiencia para o desenvolvemento das medidas de reactivación da actividade empresarial, comercial e social que se poñan en marcha, tanto desde o propio concello coma da administración autónomica e estatal.
Por outra banda, desde o BNG parabenízanse da convocatoria pública que ven de sacar o concello de Viveiro o pasado 28 de xullo para a contratación temporal dun técnico de servizos económicos, para cubrir a baixa por enfermidade de longa duración do traballador que ocupa esta praza e que xa fora demandada a súa cobertura pola portavoz do BNG no pleno do debate de orzamentos 2020, como unha das prazas de vital necesidade a cubrir para o reforzo daqueles servizos municipais clave, como é o de Servizos económicos. Se ben o BNG e a súa portavoz municipal cren que esta contratación e claramente insuficiente, posto que, tal e como xa dixeron no mes de xuño, a Intervención Municipal segue a contar só un día á semana cos servizos dunha Interventora e a área de Promoción Económica segue baixo mínimos sen cubrirse a praza de ADL e a de Auxiliar e Administrativx, como así mesmo na área de Contratación segue sen cubrirse a praza de Técnico de Contratación e en Servizos Sociais a praza de Psicólogx.



















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



