
09,30 h.- Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, e de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asinarán o acordo marco do Sergas para ampliar o uso de enerxías renovables en centros de saúde. Na sala de xuntas da Consellería de Economía, Emprego e Industria (edificio administrativo de San Caetano, 4º andar).
foto xoán crespo
30/07/2020
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2020. Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, impulsan un acordo marco para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables nun total de 28 centros de saúde da Comunidade que permitirán mellorar a eficiencia enerxética dos edificios e importantes aforros nas súas facturas enerxéticas.
O acordo conta cun orzamento de 1,5M€, dos que 1,2 serán financiados polo Inega, e permitirá ao Sergas aforrar ao redor de 100.000 euros anuais nos custos enerxéticos grazas ao desenvolvemento de 25 proxectos de biomasa e outros tres de aerotermia.
En concreto, substituíranse os sistemas actuais que utilizan gasóleo, propano e acumuladores eléctricos por caldeiras de biomasa nos seguintes centros: Caranza, Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Pedroso, Pontedeume, Serantes e San Sadurniño (na área de Ferrol); o centro de Ponteceso e o PAC de Carballo, na área da Coruña; os centros de saúde de Bertamiráns, Boiro, Ordes e Val do Dubra, na área de Santiago; A Guarda, Coia, Cangas, Teis e Mondariz, na área de Vigo; e Navia, Ourol, Pontenova, Chantada e Pastoriza, na área de Lugo. Ademais, realizaranse instalacións de aerotermia nos centros de saúde de Vilamartín de Valdeorras, Arnoia e Cartelle en Ourense.
Este acordo enmárcase nos proxectos de enerxías renovables que a Xunta está impulsando en edificios da administración pública autonómica, como xa se fixo coa sinatura doutros acordos marco coas Consellerías de Educación, de Política Social ou de Turismo dentro da aposta decidida do Goberno galego por fomentar un cambio cultural no que se prioricen tanto o uso das enerxías renovables como actuacións e hábitos tendentes ao aforro enerxético. Deste xeito, ademais destes proxectos tamén se convocan axudas dirixidas a familias, empresas e entidades locais e sen ánimo de lucro.
Neste sentido, destaca a Estratexia da biomasa posta en marcha no ano 2014, co obxectivo de promover o uso deste recurso limpo, autóctono e renovable co que se conseguen aforros de ata o 60% con respecto a outras fontes de enerxía como o gasóleo, ademais de poñer en valor o monte galego, favorecendo a xestión forestal. Esta Estratexia xa ten permitido, no período 2014-2019, apoiar a instalación de 7000 caldeiras con aforros de 14M€ anuais.





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



