21 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Boa acollida da sesión de cine ao aire libre celebrada este mércores en Burela

06-08-20

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “retomamos as noites de cine ao aire libre, que sempre moven a moitas familias cos seus fillos e fillas”. Para o edil burelés: “había ganas desta actividade, que sempre empezabamos en xuño ou en xullo desde o ano 2015, e que nesta ocasión tivemos que retrasar ata o de agora por mor do covid”. José Díaz sinalou que “o balance é bo. A sesión desenvolveuse seguindo todas as medidas de seguridade e hixiene en vigor” e lembrou que “repetiremos sesión de cine ao aire libre o vindeiro 19 de agosto”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive