Ribadeo, 12 de setembro de 2020. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, esixe que o goberno local solucione o problema do contrato de mantemento para o ascensor do CEIP Gregorio Sanz. Aclara así o popular que “é o goberno local, xa que o Concello é o propietario do edificio, o que ten que facer unha modificación do contrato de mantemento porque antes o centro xa dispoñía dun montacargas. Só é un trámite o que ten que facer o goberno de Fernando Suárez”, puntualiza.
Daniel Vega asegura que “o goberno local si que tiña coñecemento destas obras porque foi informado en agosto tanto pola dirección do centro coma pola Xunta”. Polo tanto, o voceiro popular pregúntase se “os que estaban de vacacións non se enteraban de que chegan papeis ao Concello”. É máis, Vega explica que “dentro do Consello Escolar hai un representante do BNG no goberno local que tiña coñecemento destas obras. É vergoñenta a súa actitude”, engade.
O goberno local debería sumar e non poñer trabas burocráticas
Vega lamenta que “unha vez máis o goberno local do BNG poña tantos paus nas rodas” en relación ás inversións do Goberno galego para Ribadeo cando “o que tiñan que facer é axudar, sumar, e non poñer trabas ao que xestiona o noso grupo”.
O voceiro do Grupo Municipal Popular amosa a súa solidariedade coa dirección do centro, a ANPA e tódolos pais ante o que considera “un acto vergoñento e desleal do goberno municipal cos ribadenses” porque “é responsabilidade do goberno local que esta instalación que conta cunha inversión tan importante non estea a funcionar”.
Traballo conxunto en beneficio de Ribadeo
Vega explica que esta actuación no colexio público ribadense foi froito dun traballo conxunto coa dirección do centro e a ANPA A Faxarda. Así, “deuse prioridade ás obras máis necesarios coma esta ou a mellora da canalización dos baños de infantil e do teito do edificio dentro da reforma integral do colexio público que defendemos”. As obras xa realizadas cun orzamento de preto de 40.000 euros acreditan que “estamos xestionando orzamento para Ribadeo”.

















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



