Son de pobo. Si, nese sentido que ás veces empregan os ‘de cidade’ de xeito pexorativo (‘ese é de pobo’). Son de pobo porque nacín e vivo nun pobo. Pero tamén porque son do mundo. Dunha aldea global, onde por moitos habitantes que teña, se non nos coñecemos ‘todos’, si temos a oportunidade de coñecernos: cousas da tecnoloxía actual.
Por iso, non deixan de chamarme a atención pequenas cousas que manifestan ese comportamento ‘como de cidade’ (séxase/vívase ou non nunha vila grande), e que en realidade pon negro sobre branco que as persoas que o teñen son ‘de pobo’ nun sentido que non lle agradaría á persoa aplicarse a si mesma.
Lembro unha vez que lle dixen a un descoñecido que me increpou porque -segundo el, non estando eu de acordo- estaba a pasar por diante del: ‘non se preocupe, aquí todos nos coñecemos’, ofrecéndolle o paso. Contestoume ‘yo no lo conozco a usted de nada’, algo certo, ó tempo que cerraba a posibilidade dese coñecemento. Eu non tiña présa, pasou diante e a cousa quedou aí. Non creo que lle significara moito o par de minutos que ‘ganou’. E eu aproveitei para estudar algo do que plasmo aquí.
A percepción dos feitos varía en función de moitas cousas, claro. Tamén neste campo. Así, xa hai moitos anos, ó comezar a dar clase en Ribadeo, nunha conversa cun grupo de educandos xurdiu a pregunta de cal era a súa diferencia cun grupo de cidade, destino anterior meu. Non o pensei moito. Para facer un resume, simplifiquei: ‘non teñen que levar botas aínda que sexa inverno’, lles dixen, en relación á chuvia e os moitos lugares próximos ás súas casas que necesitaban de botas -ou zocas- para ser transitados. Si, xa sei, hai/había outras diferencias que desembocaban en comportamentos accesorios que quizais poderían ser máis significativos dende a súa perspectiva. Non dende a miña.
E existe descoñecemento. Descoñecemento que me lembra aínda unha anécdota cun grupo de primeiro de ESO recén chegado. Dille un alumno a outro, na primeira fila, de xeito que chegou o meu ouvido: ‘cres que sabe informática?’. A resposta foi categórica: ‘non, non ves que é vello?’. Referíanse a min, o profesor, que daquela rondaba os 50 anos e cando eles naceran xa tiña manexado máis de media ducia de ordenadores. Natural que esbozara un sorriso para min mesmo. O descoñecemento é atrevido, e ese é o descoñecemento que aplican con certa frecuencia xentes ‘de cidade’ en relación coa xente ‘de pobo’.
Hoxe tiven que viaxar a unha vila grande, con tempo para fixarme nalgún detalle. Nuns grandes almacéns, a librería anunciaba unha sección de ciencias aplicadas. Achegueime a curiosear só para observar que ‘Física para dummies’ era viciño de ‘Astrofísica’, pero tamén de ‘Cómo invertir en fondos de inversión con sentido común’ ou ‘Inteligencia cósmica’. Coido que na librería ‘do meu pobo’ non pasa nin pasará iso. Os pobos non teñen por que ofrecer servizos inferiores ás das cidades…
Polas cousas que observo, como as citadas a modo de anécdota pero tamén moitas outras máis sutís -ou abondo menos-, non me asombro a min mesmo pensando en etiquetarme un chanzo máis aló, por se acaso, como ‘eu son de aldea’. Se non o fago é por respecto á xente que sabe vivir nas aldeas. E é que para quen non está afeito, a cidade pode ser complicada, pero tamén, e máis difícil, é vivir en moitos lugares apartados da nosa xeografía.
Agora que o confinamento fai máis apetecibles os espazos abertos, ou nas vacacións, que tamén, algo para lembrar…






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



