Santiago de Compostela, 11 de Setembro 2020. O BNG solicita a comparecencia inmediata do conselleiro de Educación no Parlamento para que explique a situación que se está a vivir no ensino secundario, nun inicio de curso marcado pola improvisación pese ao contexto da COVID19, máxime despois de que a Xunta se vise obrigada a tomar a medida excepcional de atrasar a volta aos institutos, ante o clamor crecente da comunidade docente advertindo que a falta de medios, protocolos claros e os continuos bandazos do Goberno facían imposible o regreso ás aulas na data prevista.
“Esta decisión é a constatación última da falta de planificación e do caos dun inicio de curso que o Goberno do PP de Feixóo tivo seis meses para organizar, seis meses de ouro que se perderon facendo propaganda e botando balóns fora e agora son as familias e o persoal educativo quen están a pagar as consecuencias”, denuncia o portavoz parlamentario de Educación, Manuel Lourenzo.
“Feixóo estaba espido e o traxe que nos quixo vender non era máis que unha nova mentira e unha nova irresponsabilidade”, declarou, “e a día de hoxe os centros de secundaria ignoran con canto persoal van contar”. A modo de exemplo dos continuos bandazos, Lourenzo salientou que en apenas dúas semanas, o Goberno do PP cambiou tres veces de criterio nunha cuestión como a distancia de seguridade que debe gardar o alumnado.
“O 30 de agosto decretaba un metro de distancia, o 31 de agosto xa pasaba a metro e media de distancia e o dez de setembro de novo abre a porta a que a distancia se reduza a un metro. Se alguén cree que esta é unha xestión minimamente seria, desde o BNG non o entendemos”, alegou, “nin as familias ni a comunidade educativa deben aturar máis caos, máis bandazos e máis improvisación”.
Neste sentido, Lourenzo advirte que a medida da semi-presencialidade, “que acaban de sacar da chistera”, debe explicarse: como se vai xestionar, con que horarios, profesorado e medios. A formación nacionalista insta ao Goberno a traballar “con seriedade e con rigor e coa responsabilidade que implica a saúde e a educación dos nosos fillos e fillas”, ao tempo que reclama da Xunta que escoite á comunidade educativa, “porque leva meses dándolle as costas pese a estar en primeira liña e estas son as consecuencias”.
O Bloque volve ofrecer man tendida tanto á comunidade educativa como ás familias para aportar todo o que sexa necesario para conseguir un curso escolar coas máximas garantías. Preguntado polo relevo na Consellería de Educación, Lourenzo destacou que non se trata dun cambio de caras, nin de actitudes, “non estamos falando de emoticóns”, o que se require é un cambio de políticas. “Feixóo mentiu na sesión de investidura cando dixo que todo se estaba facendo ben e días despois vemos como cesa a titular de Educación e aos seus cargos”, concluíu.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



