24 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Viveiro demanda á Xunta que valore as medidas que podería adoptar para que os establecementos de ocio nocturno exerzan a súa actividade durante o horario de café bar

14-09-20

 Viveiro, 14 de setembro de 2020. O goberno municipal remitiu a pasada semana unha consulta á Xunta de Galicia con respecto á apertura temporal dos establecementos de ocio nocturno para exercer a súa actividade durante o horario de café bar.
Tendo en conta as manifestacións formuladas a este concello polo sector, que solicita que se busquen as alternativas posibles para que os establecementos de ocio nocturno poidan abrir durante o horario de apertura dos bares, exercendo a súa actividade como café-bar, por parte deste concello solicitouse que se valoren e se indiquen as posibilidades que se poderían adoptar por parte da Xunta de Galicia.
Viveiro pide tamén que se valoren as medidas que, no seu caso, poderían adoptar tamén os concellos para poder permitir que este tipo de negocios non teñan que permanecer pechados tanto tempo, existindo por parte deste concello plena colaboración para atopar unha solución a este problema.
Ademais da solicitude de información sobre as posibilidades que existen ao respecto e cál sería o procedemento a seguir por parte destes establecementos, solicítouse que, no caso de non existir ningunha opción viable coa normativa vixente, se valorase por parte da Xunta de Galicia a adopción dalgunha medida ao respecto desta problemática que está a afectar a todos os municipios galegos.
Dende o goberno municipal considérase que a tramitación dun cambio de actividade pode resultar complexa e que incluso nalgúns casos, atendendo á normativa actual, podería non resultar viable; neste sentido, apelando á situación económica que está vivindo o sector, enténdese que resultaría máis apropiado que fose a propia Xunta de Galicia a que establecese as medidas necesarias para os establecementos de ocio nocturno puidesen exercer a súa actividade como café-bar.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive