26 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Plataforma Sanitaria esixe ao Sergas que garanta unha atención sanitaria baseada na reactivación da actividade presencial

14-10-20

 A Mariña, 14 de outubro de 2020. A Plataforma Sanitaria esixe ao Sergas que acometa todas as actuacións precisas para que os centros de saúde da comarca retomen a actividade presencial , rematando desta forma coa percepción que ten a poboación de que non está sendo atendida como se merece.
A raíz da pandemia de covid 19 o goberno da Xunta e o Sergas decidiron centrar a atención sanitaria en citas e consultas telefónicas, reducíndose drásticamente a atención presencial, e mesmo en declaracións de Feijoo indicouse que a atención telefónica podería ser a “ medicina do futuro”. Este modelo de atención xenerou unha enorme dificultade para acceder aos servizos sanitarios, xa que non se dotou dos recursos materiais, tecnolóxicos e humanos precisos para que se poidera efectuar con garantías. O persoal sanitario e administrativo dos centros viuse totalmente desbordado, que viu como ás suas tarefas habituais se lle engadiron outras novas funcións de seguimento ,rastrexo sin reforzarse en absoluto o cadro de persoal e mesmo continuando coas súas políticas de non substitución do persoal ausente por diversos motivos. A esto hai que engadir a escasez de liñas habilitadas para as chamadas telefónicas , a desviación de chamadas a unha central privada de atención e á percepción pola poboación de que as chamadas non son atendidas, ao non dar ton de liña ocupada cando se está a atender unha chamada. A maiores da sobrecarga de traballo que desborda ao escaso persoal , estes profesionais teñen que soportar directa e inxustamente as queixas de pacientes que se sinten desatendidos e abandonados polo sistema.
Desde este colectivo sanitario esiximos ao Sergas que adopte as medidas necesarias para garantir maioritariamente a atención presencial , dotando aos centros da ratio axeitado de persoal, substituindo aos profesionais con ausencias xustificadas, garantindo un acceso seguro e progresivo aos centros e evitando as aglomeracións de persoas cuns protocolos de actuación precisos, pois ainda que a “ atención telefónica é unha ferramenta que pode solucionar certas situacións non debe ser en ningún caso a única nin a principal ferramenta “- refire Montse Porteiro, coordinadora do colectivo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive