Cervo, 20 de novembro, 2020. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron un encontro co presidente do Club Medela MTB, David Riera, no que, ademais de abordar diversos temas relativos á actividade altruísta que desenvolve o club, fixéronlle entrega dunha axuda nominativa de 2.200 euros, para contribuír cos gastos de funcionamento da entidade; “sabedores do esforzo que supón sacar adiante aquelas actividades que vos propoñedes e que tanto axudan a dinamizar e a dar vida ao noso pobo”.
Villares quixo agradecerlle unha vez máis o gran labor que desenvolven desde o Club en prol do fomento da actividade deportiva, neste caso do ciclismo, inculcando hábitos saudables desde as idades máis temperás; e tamén en favor da promoción do noso termo municipal como un escenario de referencia do Enduro, a raíz da Ruta Medela que programan cada ano en Cervo, con gran éxito de participación froito dunha organización que sempre está a altura, que coida cada detalle.
É un traballo que consideramos primordial e necesario para o noso Concello -engade- e que “cremos necesario e xusto poñer en valor, máxime nestes tempos nos que vemos limitadas as nosas rutinas habituais a raíz da pandemia que vivimos; e polo tanto tamén as actividades e as reunións deportivas”.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
