27 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Uns 200 clubs de base e afeccionados recibirán axudas de Deportes, cun importe total de 500 mil euros

21-11-20

 Lugo, 21 de outubro de 2020. Preto de 200 clubs de base e afeccionados de toa a provincia beneficiaranse das axudas de concorrencia competitiva convocadas pola área de Deportes, cun importe total de 500 mil euros.

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a proposta de resolución das subvencións, que recibirán clubs e entidades de diferentes disciplinas deportivas: fútbol, baloncesto, ciclismo, piraguismo, atletismo, ximnasia rítmica, patinaxe, triatlón, balonmán,natación, voleibol, waterpolo, bádmiton, tenis de mesa, padel, tenis, squash, karate, taekwondo, judo, kung fu, loitas olímpicas, tiro, surf, remo, xadrez, birlos, rugby ou pesca.

As axudas destínanse a sufragar gastos relacionados da actividade federativa dos clubs, como as licenzas e dereitos de participación e inscrición en competicións, as cotas de mutualidades deportivas, os gastos de arbitraxe, de material e vestimenta deportiva ou de transporte. Tamén gastos relacionados coa prevención e protección fronte a Covid 19 ou da creacións e mantemento de páxinas webs e redes sociais, que durante os paróns competitivos obrigados pola pandemia canalizaron parte da actividade dos clubs.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, remarcou “a importancia destas achegas para o tecido deportivo da provincia, para os clubs de base, que dependen en grande medida destes recursos para manter a súa actividade, máis nunha situación como a actual na que resulta máis complicado obter patrocinios privados e na que incerteza sobre a evolución da pandemia impide que poidan traballar con normalidade”.

Na resolución das axudas, que oscilan entre os 300 e os 5.000 euros, valóranse
criterios obxectivos como o rendemento ou a incidencia social do club e tamén se ponderaron criterios sociais como o fomento da igualdade e a integración ou a localizacion das sede do club, primándose aos de concellos con menos de mil habitantes.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive