Pasados vinteun días dende que se declarou oficialmente o brote de Covid-19 no Hospital Asilo de Ribadeo, trala notificación de 26 casos de infección vs enfermedade e duas persoas presuntamente falecidas por esta causa (entre outras) o concello de Ribadeo segue sen darse por enterado das diversas líneas informativas que apuntan a un fallo nos accesos ao hospital por persoas non autorizadas, que puideron transmitir a infección e reduce á “rumoroloxía” calquer pista que non concorde ca sua versión dos feitos.
O tema é preocupante porque se non se recoñecn os feitos, tal como foron, e non se adoptan a medidas pertinentes para evitar contactos de outo risco, poderems atoparnos con situacións similares nos próximos meses.
Pasemos revista brevemente aos antecedentes deste brote:
1.- O día 17 de setembro de 2020 a Consellería de Sanidade e mais a de Servizos Sociais da Xunta de Galicia asinaron un protocolo, publicado en forma de resolución, para a prevención da infección e control da mesma nos centros da terceira edade.
Neste protocolo queda perfectamente especificado qué persoas poden acceder aos centros da terceira edade en Galicia e qué medidas deben adoptarse para prevenir os contaxios. Incluese polo tanto aos usuarios, familiares, persoal asistencial, persoal sanitario, etc.
2.- O dia 21 ou 22 de decembro declarouse un caso de infección de unha persoa que tiña acceso reiterado ao hospital asilo sen formar parte de nengún de eses grupos incluídos no protocolo devandito. Presuntamente esta persoa, de ampla movilidade, puido ser o caso índice ou transmisor do brote que comentamos. Xa dixemos que non se trata de culpabilizar nen sinalar co dedo a ninguén, simplemente explicar as cousas como foron para correxir os erros e que non se repitan.
3.- Os informes do Concello de Ribadeo, publicados repetidamente na páxina web non recoñecen a existencia deste caso inicial e polo tanto ocultan que no Hospital Asilo non se estaba cumplindo a resolución das consellerías anteriormente comentada. Dito de outro xeito: O concello de Ribadeo, único responsable da xestión do Hospital Asilo non levaba un control estricto de entradas e salidas neste centro. De ahí que os feitos coñecidos por todo Ribadeo, a través de varios testigos presenciais, sexan tildado polo SR. Alcalde de “rumoroloxía”
4.- Como xa temos dito, do que se trata, dende o punto de vista práctico, é de conseguir que se apliquen tódalas medidas preventivas posibeis e no caso concreto das residencias da terceira edade que se cumpla rigurosamente o protocolo establecido pola Xunta de Galicia para estes casos que o concello de Ribadeo esqueceu dando pe a este brote que comentamos. Para eso, dado que a información oficial non funciona ou é tendenciosa é imprescindible que os veciños tomemos a dianteira e nos organicemos co gallo de coquerir o mellor futuro para todos. Outro exemplo é o caso da nova residencia da terceira edade, onde a empresa CLECE (de Florentino Pérez) foi sustituida o día 31 de decembro por outra empresa descoñecida en Ribadeo, operación comercial que o concello tamén oculta aos usuarios, familiares e veciños. Como non sabemos cales son as causas de esa operación, nen as condicións de ese novo contrato, nen quen negociou ese convenio e o concello non no lo quere decir temos que organizarnos, preocuparnos por conquerir información e esixir a garantía de que esa nova empresa esteña capacitada para cumprir a misión e o vai facer ca máxima seguridade para todos e todas. Eso é o que entendemos por información e participación democrática.
Evaristo Lombardero Rico





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



