A Liga Céltiga Galaica celebra asamblea xeral en Alfoz o sábado día 6. Nos asuntos da orde do día inclúese: novas temáticas para a revista O Prado das Chantas (publicada en Alfoz e Ferreira... Ler máis
ALFOZ .- O voceiro do BNG en Alfoz, Iván Marrube, acusa ao actual equipo de goberno “dunha total falta de previsión ante as inundacións que se produciron nos últimos días, xa que veñen... Ler máis
ALFOZ .- Iniciáronse as obras para a construción na parroquia de Carballido, no concello de Alfoz, do primerio circuito de motocrós de A Mariña. O voceiro nacionalista, Iván Marrube, sinalou... Ler máis
Nota de Prensa IVÁN MARRUBE PON EN MARCHA UN BLOG PARA ANALIZAR A ACTUALIDADE DO CONCELLO DE ALFOZ E PARA QUE OS VECIÑOS LLE FAGAN CHEGAR AS SÚAS PROPOSTAS. Alfoz, 8 de novembro de 2008. O v... Ler máis
Nota de Prensa O BNG PIDE A TRAVÉS DUNHA MOCIÓN QUE SE ELABORE UN CENSO DE EXPLOTACIÓNS AFECTADAS POLA LINGUA AZUL EN ALFOZ E QUE SE ESTUDIEN POSIBLES AXUDAS. Alfoz, 13 de outubro de 2008. O... Ler máis
Medio Rural anunciou o martes 24 novos positivos por ‘lingua azul’ en seis explotacions ganadeiras nos concellos de Foz, Alfoz, Mondoñedo, Ribadeo, Trabada e Riotorto. A cifra de... Ler máis
A MARIÑA .- O concello de Ourol sumase este curso o uso do servizo de transporte escolar compartido que xa utilizaban na comarca os concellos de Alfoz e Riotorto. Este servizo, que promoven... Ler máis
ALFOZ.- Desde o BNG de Alfoz critican que “o PP se apunte o éxito de poñer un reemisor para que se poidan ver os canles da TDT no concello xa que a iniciativa partiu de nós”, ase... Ler máis
ALFOZ .- O BNG presenta unha moción no Concello de Alfoz para que se compense economicamente aos concellos con centrais hidroeléctricas e parques eólicos pola redución do IBI. Así mesmo, os... Ler máis
Malabares, teatro na rúa, música medieval, mercado, degustación de roxóns, exhibición de tiro con arco, titeres, musica folk?, será o que se poida contemplar, o día 19 de xullo, nas inmedia... Ler máis
O Concello de Alfoz aprobou onte o orzamento para o exercicio 2008 por un total de 1,5 millóns de uros. Segundo o voceiro do BNG redúcense os investimentos en obras e servizos. Nota de prens... Ler máis
Segundo o BNG de Alfoz, o concello ten dificultades para recadar cantidades superiores aos gastos correntes e de persoal. Isto dificulta a xestión de obras novas e servizos por parte do conc... Ler máis






















A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.
As persoas que non puideron obter a súa entrada durante o período de reserva anticipada poderán recoller as entradas restantes o propio día da función, mércores 5 de agosto, a partir das 20:00 horas, na taquilla do Teatro Pastor Díaz. A entrega realizarase ata completar a capacidade do recinto, cun máximo de catro entradas por persoa. O Concello de Viveiro agradece a excelente acollida que está a ter esta representación e lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar.
Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.



