CERVO.- Costas asumirá varias actuación e construción de 5 pasos elevados en San Ciprián “que substituirán as bandas rugosas que o goberno do PP colocou en varios puntos do concello de Cervo” indicaron fontes do grupo municipal socialista.
Dous dos pasos iran na rúa Beiramar, un á altura do supermercado Único, outro a altura do Banesto e outro despois da ponte da ría, dirección a Lieiro. Tamén,explican desde o PSOE, está previsto “substituír a varanda do parque e da ría, por motivos de seguridade, solicitude feita polo anterior Grupo Municipal Socialista a principios do pasado ano”. Estas actuacións completaranse co arranxo do acceso á praia de Rueta.
Nota de Prensa
Costas realizará actuacións en varios puntos do Concello de Cervo
A falla de xestión por parte de Alfonso Villares, pon en perigo a execución doutros proxectos xa demandados polos Socialistas de Cervo
Dende o PSdeG-PSOE de Cervo parécenos importante que a Dirección Xeral de Costas teña en conta as necesidades dos veciños de Cervo e polo tanto son moi ben recibidos os anuncios da execución de varias obras en distintos puntos do Concello.
Costas asumirá a construción de 5 pasos elevados en San Ciprián; 2 na rúa beiramar y entorno acceso ao Parque; 1 á altura do supermercado Único, 1 a la altura do Banesto e outro despois da ponte da ría dirección a Lieiro. Estes pasos, substituirán las tan criticadas y molestas bandas rugosas que o goberno do PP colocou en varios puntos do concello de Cervo.
Tamén se substituirá a varanda do parque e da ría, tal e como había pedido por motivos de seguridade o anterior Grupo Municipal Socialista a principios do ano 2007.
Estas actuacións completaranse co arranxo do acceso á praia de Rueta, onde parte do muro da zoa de acceso desprendeuse no mes de xuño, co conseguinte perigo para os veciños que transitan a diario pola zoa para pasear ou acceder a praia.
Costas colocará unha varanda e reducirá o ancho para evitar accidentes, aínda que o organismo provincial segue apostando por cambiar o acceso polo lado contrario ao actual, posto que supón unha maior seguridade. Temos que recordar que este acceso estaba integrado no proxecto de posta en valor da zoa, que o PSdeG-PSOE de Cervo levaba no seu programa electoral e que presentou o pasado mes de decembro nun pleno en forma de moción e aprobado cos votos do PP.
O problema e que o Concello de Cervo aínda non solicitou á Dirección Xeral de Costas a Adquisición dos terreos dende a praia de Rueta ata San Ciprian para a súa conseguinte conservación, preservación e execución de sendeiro de borde e áreas recreativas e dotacionais, e polo tanto, Costas non pode actuar sen dita solicitude.
Críticas dos veciños pola falla de limpeza nas praias e cortes por cristais
Ningún dos areais de Cervo está en condicións para a chegada de turistas e goce dos veciños. A situación na que se encontran as praias en pleno mes de xullo é impropia dun concello que aspira a ser un referente en turismo, e así botellas, madeira e toda clase de residuos campan polas praias producindo cortes nos pes a varias persoas que tiveron que ser atendidas.
Dende o PSOE, botamos en falta as contratacións masivas do ano 2007 para a limpeza das praias e montes, cando o concello contaba con 44 peóns ambientais para cubrir o servizo e asumía os custos do mesmo.
En Cervo, a 11 de xullo de 2008
Grupo Municipal Socialista





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



