VIVEIRO.- A partir do xoves, día 17 de xullo, no Complexo Cultural RegalXunqueira, abrese a exposición 100 anos de Laxeiro, con motivo de cumprierse o centenario do nacemento do ilustre pintor galego e coa intención de achegar ao público de A Mariña unha mostra sua obra gráfica, concretamente dúas carpetas de gravados titulados “Caos Armonia” e ” Personaxes”.
NOTA DE PRENSA REMITIDA POR REALXUNQUEIRA.
O próximo xoves día 17 de Xulio inaugurase as 8 do serán a segunda exposición no COMPLEXO CULTURAL REGALXUNQUEIRA con o titulo de:
100 ANOS DE LAXEIRO
No centenario do seu nacemento O COMPLEXO CULTURAL REGALXUNQUEIRA quer achegar a obra de Laxeiro o publico do NORTE GALEGO mediante a exposición de duas carpetas de grabados “ CAOS ARMONIA” e “PERSOAXES” cedidas para a ocasión polo coleccionista SANTIAGO BORRAZAS FARIÑA, o que lle damos as mais expresivas gracias pola colaboración.
Os 19 grabados e os textos e titulos que os acompañan abordan diferentes aspectos da figura, da obra e o pensamento de Laxeiro
Sería imposible comprende-la identidade da arte galega do século XX sen ter presente a contribución da chamada “vangarda histórica galega”. Un dos seus máis destacados representantes foi o pintor José Otero Abeledo, Laxeiro. (Lalín, 1908-Vigo, 1996). Estes artistas foron os protagonistas dunha renovación plástica que superaba o rexionalismo imperante, e situaba a identidade estética galega en consonancia coas tendencias europeas.
Laxeiro soubo atopa-la súa definición máis precisa na síntese das raíces e dos modelos que rexían a conflictividade dun mundo de vangardas constantes durante a primeira metade do século XX. Unha síntese que abranguería tódolos rexistros e tódolos mitos, a densa antropoloxía espiritual e material de Galicia que, malia ter milenarias pegadas escultóricas, non concretou a súa idiosincrasia pictórica ata entrado o século XX, da man da “vangarda histórica”.
¿QUEN É LAXEIRO?
Con seis anos trasladouse dende a súa aldea natal a Botos (Lalín), onde a mestra da escola, viu as súas aptitudes para o debuxo, inculcándolle coñecementos sobre os clásicos e pintores españois de renome, como Velázquez e Goya.
En 1921 emigrou coa súa familia a La Habana, onde xa estaba seu pai. Aquí realizou numerosos oficios que combinou coas clases nocturnas no Plantel de Enseñanza Concepción Arenal do Centro Gallego de La Habana, impartidas polo mestre portugués Moreiras. Nesta cidade puido ver dúas exposicións que o impresionaron: unha de Xesús Corredoyra e outra de Ignacio Zuloaga. Despois de catro anos en Cuba, regresou a Lalín moi enfermo dunha doenza respiratoria da que non contaba saír e, con todo, recuperouse. Unha vez san, adicouse ao oficio de barbeiro de feiras, debuxando incansablemente a todos os seus clientes. Entre 1928 e 1930 realizou colaboracións para a revista Céltica, El Faro de Vigo e Pueblo Gallego. En 1931, grazas a unha bolsa do Concello de Lalín, trasladouse a Madrid para estudar na Academia de Bellas Artes de San Fernando, prolongando a súa estanza un ano máis mediante outra bolsa da Deputación de Pontevedra. Durante a súa permanencia na capital visitaba asiduamente El Prado, tomando influencias de pintores como Goya, Velázquez, Tiziano, Rembrandt e ata vangardistas como Picasso e Solana. Tamén asistía aos faladoiros da Granja del Henar con Rafael Dieste, García Lorca, Castelao e Valle-Inclán. Nesta etapa realizou composicións descritivas, preocupándose pola posibilidade da liña e empregando unha gama cromática sobria, baseada nas cores terrosas.
Regresou a Lalín en 1933, instalando o seu estudio de pintor no “Hospitalillo”. Aquí comezou a realizar obras caracterizadas pola chamada “estética do granito”, baseándose na tradición pétrea da imaxinería popular, así como dos tímpanos románicos e retablos barrocos, e apartándose da estética rexionalista que predominaba na Galicia da época.
A Guerra Civil sorprendeu a Laxeiro en Vigo, a punto de inaugurar unha exposición. Combateu como soldado forzoso no “frente nacional” en Asturias, onde coñeceu a Celso Emilio Ferreiro, con quen forxou unha gran amizade.
En 1940 trasladouse a Pontevedra. Nesta época realizou un mural no Cine Balado de Lalín e no pontevedrés Café Moderno. Dous anos despois foise a Vigo, onde permaneceu ata que, en 1951, invitárono, xunto con outros amigos galegos, a realizar unha exposición en Bos Aires, onde decidiu quedarse.
Na década dos 40 desenvolveu unha temática fantasiosa onde se mistura o relixioso e o profano en escenas de entroidadas e festas dionisíacas, evolucionando na “estética do granito”. A súa estanza na Arxentina proporcionoulle unha maior creatividade, realizando propostas máis novas e arriscadas, eliminando os elementos naturalistas, potenciando o poder expresivo da liña do debuxo, asumindo un tipo de linguaxe pictórica que toma influencias dalgúns aspectos do Picasso da década dos 30, e achegándose ao expresionismo abstracto e ao informalismo europeo.
En 1970 regresou definitivamente a España, vivindo entre Madrid-Vigo-Lalín. Foron anos de recoñecemento artístico, nos que evoluciona cara unha pintura máis amable, onde as cores se van aclarando, desaparecendo o dramatismo anterior.















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



