BURELA .- O grupo municipal do PP de Burela, volve a presentar unha batería de medidas, “pero máis amplas cas anteriores, para que o concello como institución afronte a crise económica, e para que axude a paliar os efectos da mesma a familias, comerciantes, autónomos e pequenos empresarios, tendo en conta que o que queda de ano será peor có xa pasado, e que 2009 será aínda moito peor, Según os datos manexados por expertos de bancos e caixas de aforro”.
Nota de Prensa
ROLDA DE PRENSA GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA
PP presenta unha batería de medidas para afrontar a crise económica.
Os populares aseguran que o alcalde a tenente de alcalde son incapaces de facer propostas.
Cren que o pacto polo emprego que defende o alcalde nace “morto”, porque o paro sube.
O GMPP de Burela asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que o alcalde e a tenente de alcalde do Concello de Burela non son capaces a aportar medidas para afrontar a crise económica e minimizar os seus efectos, tanto a nivel do propio concello como de cara á cidadanía, o que demostra unha ausencia total de traballo e, o que é peor, falla de sensibilidade ante a situación das persoas e familias que xa o están a pasar mal.
O GMPP lembra que xa no mes de Xullo presentou unha serie de medidas que non atoparon eco no bigoberno, xa que o alcalde dixo no seu día que a crise non era tal e que quedaba reducida a titulares de prensa. En Agosto o GMPP presentou unha serie de medidas para paliar a crise no sector do comercio, que o alcalde tamén rexeitou porque dixo que o comercio ía ben, e agora resulta que os datos que publica a prensa sobre os resultados do comercio son os que son, ou sexa, malos.
O que non sabemos é se o alcalde, coa que está caendo agora, segue pensando que non hai crise; se é así, a esta persoa pódenlle pasar tres cousas, ou que non sofre a crise porque tén bos ingresos, ou porque vive fóra da realidade, ou as dúas cousas ó mesmo tempo.
O que sí é certo é que a postura que adoptan o alcalde e a tenente de alcalde é hipócrita, porque éncheselles a boca falando de defensa dos máis desfavorecidos, e á hora da verdade só hai corenta mil euros para o comenzo do curso escolar, repartidos inxustamente entre quen pode e quen non pode. En troques, outros concellos sí están a presentar medidas para enfrontar a crise. Ao noso alcalde, só se lle ocurre decir que o aforro dos soldos é irrisorio, e por eso votou en contra, e que todo se resolverá a través do pacto local polo emprego; xa nos explicará que emprego, se as empresas, autónomos, comerciantes e pemes están en plena crise e o paro segue engordando. Abofé que este home nin pensa nin sabe o que di.
Pois ben, agora o PP volve a presentar unha batería de medidas, pero máis amplas cas anteriores, para que o concello como institución afronte a crise económica, e para que axude a paliar os efectos da mesma a familias, comerciantes, autónomos e pequenos empresarios, tendo en conta que o que queda de ano será peor có xa pasado, e que 2009 será ainda moito peor, según os datos manexados por expertos de bancos e caixas de aforro.
As medidas que propón PP son as seguintes:
Os presupostos do Concello de Burela para o exercicio de 2009 contemplarán en todo caso as seguintes medidas tendentes a afrontar a crise económica e a minimizar o seu impacto:
1 .- No que se refire ó funcionamento interno do propio concello:
Conxelación dos soldos do alcalde, tenente de alcalde e adicación parcial.
Conxelación das partidas presupostarias relacionadas coas dietas dos cargos electos por asistencia a plenos, comisiòns de goberno, comisións informativas, e gastos derivados por desprazamentos, así como as referidas ó funcionamento dos grupos políticos.
Reducción nun vinte por cento do presuposto municipal correspondente o capítulo dous de gastos correntes.
Elaboracion do presuposto de ingresos de xeito rigoroso e prudente.
Mantemento das contías destinadas a gastos sociais.
O Concello de Burela reducirá nun 50% a contía asignada a gastos diversos en 2008 de cara ó presuposto de 2009.
2 .- No que se refire ás medidas tendentes a minimizar os efectos da crise entre as familias e os axentes sociais xeneradores de emprego:
Con carácter inmediato, e para os efectos do presente ejercicio 2008, o Concello de Burela reducirá a partida de gasto corrente existente nestes intres nun vintecinco por cento, para levar a cabo un plano de subvencións a familias numerosas, familias que conten con dous ou máis xubilados, ou que conten con alomenos unha persoa dependente.
O Concello de Burela conxelará a totalidade de prezos públicos, taxas e impostos, mantendo as contías fixadas en 2008 no presuposto de 2009.
O Concello de Burela procederá a unha rebaixa do IBI para pasar do tipo impositivo do 0.50 do presente exercicio ó tipo do 0.45 no exercicio de 2009.
O Concello de Burela procederá a efectuar unha bonificación do IBI ás familias numerosas ou a aquelas familias que conten con dous ou máis xubilados, ou alomenos unha persoa en situación de dependencia.
O Concello de Burela arbitrará unha liña de axudas, para paliar os custos de aluguer de vivenda, a familias numerosas, a familias con alomenos dous xubilados, con unha persoa en situación de dependencia, ou con dous membros da familia en situación de desempregados.
O Concello de Burela elaborará un plano de subvencións a familias, en réxime competitivo, dotado cunha contía de 250.000’00€ de cara ó exercicio de 2009, nos que se incluirán os importes das axudas comprendidas nos dous puntos anteriores.
O Concello de Burela elaborará un plano de subvencións, en réxime competitivo, destinadas a comerciantes, autónomos, pequenas e medianas empresas e empresas vinculadas co sector pesqueiro, dotado cunha contía de 250.000’00€ de cara ó exercicio de 2009.
As bases dos planos de subvencións serán aprobados polo pleno do concello de Burela.
As propostas que fai o PP están estudiadas e son factibles, como por exemplo a rebaixa da contribución urbana, do que se queixa moitísimo a xente, porque o PP estando no goberno municipal xa rebaixou a contribución dous anos.
Resulta significativo que teña que ser o PP quen poña en evidencia a falla de compromiso coa sociedade, a insolidariedade e a insensibilidade do BNG e do PSOE hacia as persoas e sectores que o están pasando mal, cando eles din que as súas actuacións son “progresistas”. “Progresa” o número de parados, “progresan” os prezos, “progresa” a vagancia do alcalde e da tenente de alcalde, e “progresa” a súa ineficacia e falla de iniciativas para afontar e minimizar os efectos dunha crise que só eles se empeñan en non ver.
O GMPP de Burela.

















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



