SAN CIBRAO .- Os populares de e Cervo móstranse en desacordo co parlamentario do BNG Manuel Parga e “esíxenlle ao parlamentario nacionalista que demostre as súas acusacións nas que afirmou que as licencias urbanísticas da Atalaia foron concedidas con manifesto incumprimento da lexislación”. Segundo o PP cervense, “de non demostrar estas críticas de ilegalidade na concesión das licencias da Atalaia, o parlamentario do BNG estaría a incorrer novamente na súa táctica de calumnias ás cales xa nos ten acostumados e ás que non estamos dispostos a permitir”.
Nota de Prensa
Os populares cervenses esíxenlle ao parlamentario nacionalista que demostre as súas acusacións nas que afirmou que as licencias urbanísticas da Atalaia foron concedidas “con manifesto incumprimento da lexislación”.
O PP CERVENSE CUALIFICA A PARGA COMA “DIFAMADOR POLÍTICO PROFESIONAL”
· O Partido Popular de Cervo mantén que o político nacionalista acostuma a facer declaracións contra a xestión do goberno municipal sen ningún tipo de rigor “e có único obxectivo de manterse na política”.
· Os populares están fartos de que Parga Núñez faga este tipo de declaracións sen base de ningún tipo e lembran que xa fixera o mesmo no seu día có tema das licencias de ‘Pasillo Verde’; “e despois demostrouse que mentira”.
· Segundo o PP cervense, de non demostrar estas críticas de ilegalidade na concesión das licencias da Atalaia, o parlamentario do BNG estaría a incorrer novamente na súa táctica de calumnias “ás cales xa nos ten acostumados e ás que non estamos dispostos a permitir”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



