MONDOÑEDO .- Os populares de Mondoñedo e o Grupo Provincial do Partido Popular aseguraron nun comunicado publicado hoxe en Mondoñedo que constataron a existencia dunha clara insensibilidade e insolidariedade na Deputación Provincial de Lugo porque non se está a actuar en cuestións que afectan directamente a minusválidos ou persoas maiores coma é a accesibilidade. Afirmaron que os concellos de Mondoñedo e Lourenzá levan practicamente ano e medio agardando a que se instalen nas súas casas consistoriais senllos ascensores. Unhas actuacións que, segundo subliñaron, foron adxudicadas polo anterior equipo de Goberno na Deputación Provincial.
O PP de Mondoñedo cualifica de insolidaria a Deputación
O PP de Mondoñedo cualifica de insolidaria a Deputación
Relacionado
-
A avenida da Mariña estará pechada ao tráfico con motivo das obras de Augas de Galicia no peirao de Burela
-
O PP advirte que o alcalde de Muras “leva 10 anos dirixindo diñeiro de tódolos veciños para financiar un festival afín ao BNG e que se celebra en Santiago”
-
Detidas cinco persoas como supostas autoras de seis delitos de roubo con forza en vivendas de Ribadeo