NOTA DE PRENSA
Hipólito Pérez admitiu o pasado xuño en comisión parlamentaria que non pedira aos tribunais a anulación da autorización municipal por temor a fracasar xudicialmente
O PP CREE QUE O DIRECTOR DA AXENCIA DA LEGALIDADE URBANÍSTICA NON SE ATREVE A PLASMAR POR ESCRITO AS SÚAS DECLARACIÓNS NO PARLAMENTO SOBRE AS LICENCIAS DE ‘PASILLO VERDE’
* O grupo parlamentario popular solicitou que os responsables en materia urbanística en Galicia corroborasen por escrito as palabras de Hipólito Pérez de hai tres meses nas afirmaba que as licenzas dadas polo Concello de Cervo para construír a urbanización ‘Pasillo Verde’ eran ilegais, e sen embargo a Xunta non fora aos tribunais por temor a fracasar xudicialmente.
* A resposta escrita remitida hai uns días polos responsables de Urbanismo elude en todo momento repetir a argumentación dada polo director da Axencia da Legalidade Urbanística, e limitase a dicir que a información solicitada xa fora facilitada precisamente por Hipólito Pérez na súa comparecencia do 16 de xuño.
* Para José Manuel Balseiro, parlamentario popular pola Mariña, esta artimaña política de evadir a contestación por escrito demostra que as verbas pronunciadas en sede parlamentaria polo responsable da Xunta en materia de legalidade urbanística non buscaban máis que “enganar e confundir” aos veciños de Cervo e da Mariña “mantendo o argumento de que as licencias eran ilegais, a pesar de existir un informe da Xunta que di o contrario; e a pesares de admitir que non foron aos tribunais por medo a perder”.
A Mariña, 21 de outubro de 2008.- O parlamentario autonómico do Partido Popular, José Manuel Balseiro Orol, vén de denunciar o que cualificou coma “treta política” utilizada polos responsables da Xunta de Galicia para eludir confirmar ou desmentir por escrito os argumentos dados polo director xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, Hipólito Pérez, sobre a legalidade das licencias de catorce edificios para 532 vivendas en San Cibrao feitas en sede parlamentaria o 18 de xuño pasado.
Nesa comparecencia Pérez Novo chegou a afirmar ata en catro ocasións que as devanditas licencias outorgadas polo Concello de Cervo eran ilegais a pesar de existir un informe de técnicos de Urbanismo onde corroboran a legalidade das obras; e non tivo máis remedio que contradicirse a si mesmo, e admitir que a Xunta non acudira aos tribunais por medo a fracasar xudicialmente.
A XUNTA NON RESPONDE POR ESCRITO
Para Balseiro, estas declaracións en sede parlamentaria foron “tan importantes e transcendentes” como para solicitar dos responsables da Xunta esta mesma contestación por escrito. “Sen embargo o que fai o goberno galego na súa contestación é limitarse a dicir que a información solicitada por nós xa fora dada polo director da Axencia precisamente na súa comparecencia oral de xuño” dixo Balseiro. Na súa opinión, esta “artimaña parlamentaria” non é máis que a constatación da falla de argumentos de Urbanismo “para tentar seguir mantendo a confusión diante da opinión pública mediante a súa negativa a admitir que ditaron un requirimento de paralización de obras a pesar de saber que eran legais”.
TEMOR PORQUE A XUSTIZA DEIXE EN EVIDENCIA Á XUNTA
Segundo o parlamentario popular, resulta irónico que o máximo responsable en velar pola legalidade urbanística de Galicia diga abertamente que a Xunta non vai aos tribunais por medo a perder un xuízo, “a non ser” -dixo- “que sexa consciente que o que fixeron foi unha persecución política fraudulenta contra do Concello de Cervo”. “O único certo é que existe un informe dos técnicos da Xunta feito antes do requirimento no que afirman que as licenzas cumpren coa legalidade. Saben que todo é legal, e por iso non foron aos tribunais», insistiu Balseiro.




















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



