RIBADEO .- O Concello de Ribadeo presentou hoxe as actividades que organizou destiñadas á poboación inmigrante. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que “Ribadeo é un lugar de acollida para moitos inmigrantes que veñen en busca de traballo. A poboación inmigrante pasou de 370 cidadáns que tiñamos censados hai un ano e agora temos 500. A maioría son de Brasil (un total de 160) e de Portugal (con 80), seguidos xa a moita distancia por Colombia, Rumanía, República Dominicana, Marrocos e Arxentina”.
O rexedor ribadense engade que “vemos que hai un aumento significativo que se ve reflexado nos usuarios que se achegan á Oficina do Emigrante para solicitar información, orientación e asesoramento sobre temas de interés, o que nos leva a pensar que Ribadeo é un concello no que se sinten agusto para comenzar unha nova vida e nós acollémolos cos brazos abertos cando veñen facer o que facemos aquí que é traballar e integrarse perfectamente na nosa sociedade. E nós desde aquí co apoio da Consellería de Presidencia e da Secretaría Xeral de Emigración queremos continuar facendo cursiños de adaptación e de integración”.
Este ano vánse impartir clases de español os martes e os xoves de 10:30 a 11:30 “con posibilidade de aumentar os horarios para facilitar a asistencia porque o coñecemento do idioma é básico coma chave de integración en tódolos ámbitos da nosa sociedade”, explica Ana Prieto, técnica de emigración.
Reforzo educativo con clases de apoio escolar e de galego serán de luns a venres de 17:30 a 19:30 “e dentro desas horas organizaremos as clases en función das idades dos alumnos”.
Haberá tamén clases de informática os martes e os xoves de 19:30 a 21:00 no Teleclube ubicado na Casa da Xuventude. Estas clases darán comenzo o 4 de novembro.
Encontros gastronómicos
E vánse celebrar os segundos encontros gastronómicos interculturais, que segundo engade, Ana Prieto, “por segundo ano queremos poñer en marcha dada a aceptación da pasada edición. O ano pasado puidemos degustar recetas típicas da cociña árabe, brasileña, paraguaia, ademáis da española e galega e este ano coñeceremos máis recetas deses países e tamén das cociñas dominicana e cubana e despois iremos introducindo máis a medida que atopemos a máis inmigrantes dispostos a colaborar”. Estes encontros serán todos os venres dos meses de novembro e decembro, ás oito da tarde na Casa do Mar. Comenzarán o 7 de novembro.
Os interesados en inscribirse nalgunha destas actividades poden acudir á Oficina do Emigrante ubicada no Auditorio Municipal en horario de 9 da mañá a 2 da tarde ou chamando por teléfono ao 982 120 808.












A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



