BARREIROS .- Sábado comenza en Celeiro de Mariñaos o traballo de campo que realizará a comisión de seguimento das obras da A-8 que se constituía na tarde de onte no Concello de Barreiros. Desde o BNG, Xesús Díaz, fai unha valoración “medio positiva, porque vimos unha boa disposición por parte dos grupos da oposición que fomos os que presentamos a moción para crear esta comisión e tamén por parte dalgúns membros do equipo de goberno coma os edís de Medio Ambiente e Obras que en todo momento se amosaron receptivos ás labores que imos realizar. Non así o alcalde que dentro do seu papel deixou bastantes funcións do traballo cos veciños nas mans do seu concelleiro de Obras, alegando que él non vai participar practicamente no traballo de campo”.
No encontro de onte, a comisión, segundo Xesús Díaz, acordou “enviar unha comunicación da súa creación ás empresas que traballan na autovía do Cantábrico e ao Ministerio de Fomento para que nos informen sobre calquera cambio de trazado ou calquera problema que poida xurdir con esta obra. E o máis importante para nós será o traballo de campo que imos realizar polas parroquias coas asociacións de veciños e que empezaremos mañá en Celeiro de Mariñaos. Son os veciños os que mellor saben onde están os problemas que xenera esta obra, como van as escorrentías de augas que puideron cambiar de curso ou as pistas de servizo que puideron cortar o acceso a demasiadas fincas… son problemas que hai que solucionar”. O edil nacionalista insiste en que “iremos de reunión cos veciños, primeiro nas parroquias afectadas polo tramo que está en obras que é o que vai de Barreiros a Vilamar para ver in situ os problemas de auga ou de accesibilidade que se poden estar propoñendo xa e despois será a quenda para as parroquias polas que xa discorre a autovía no tramo Reinante-Barreiros”.
Xesús Díaz engade que “a comisión enviará comunicacións a esas asociacións para que nos expoñan os seus problemas que iremos coñecendo nas visitas que realizaremos por todas as parroquias. O último xoves de cada mes a comisión reunirase para valorar o traballo que imos facendo… tentaremos dispoñer da opinión de técnicos para que nos boten unha man de cara á elaboración dun informe ou proxecto para despois trasladarllo a Fomento e ás empresas que traballan na autovía”.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



