CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, comprometeuse a valorar a solución apuntada hoxe polo responsable da Dirección Xeral de Patrimonio na provincia de Lugo, Felipe Arias, para protexer os restos arqueolóxicos da zona da Atalaia en San Ciprián.
Villares non quixo desvelar o contido da proposta feita polo representante da Consellería, e emprazou ao propio Arias a que fora Patrimonio quen a dera a coñecer. “Dende o Concello sempre temos sido moi cautos en todo este tema e vámolo seguir sendo. Hai que lembrar que a Consellería de Cultura é o organismo competente en materia de protección do patrimonio en Galicia, e polo tanto, é a administración capacitada legalmente para tomar as decisións que entendan oportunas sobre os bens de interese arqueolóxico. Por iso, penso que debe ser o representante de Patrimonio quen sexa o que dea a coñecer a proposta apuntada dende a Xunta para solucionar este problema” sinalou.
O rexedor cervense lembrou que o Concello sempre estivo interesado en coñecer as xestións previstas pola Xunta có obxecto de protexer, preservar e poñer en valor os restos da Atalaia. “Temos amosado en diversas ocasións e de xeito público a nosa mellor disposición para traballar en positivo, e por iso, na reunión de hoxe dende o Concello comprometémonos a estudar e avaliar a proposta da Consellería. O goberno municipal que eu presido ten a máxima disposición para estudar calquera solución que se nos achegue por parte da Consellería, a única con competencias e medios para preservar o achado da Atalaia. No momento en que dispoñamos da plasmación desta proposta de xeito oficial estudarémola co obxecto de valorala có asesoramento dos nosos técnicos municipais” dixo Villares.
BENEPLÁCITO DO BNG E PSOE
O feito de que na reunión de hoxe tamén estiveran os voceiros da oposición cervense a instancias do propio responsable de Patrimonio é para o rexedor de Cervo unha mostra de que a proposta apuntada dende a administración autonómica “dispón do beneplácito de PSOE e BNG”. Villares entende que Méndez e Estua asumen a proposta de Cultura, “que ao fin e ao cabo, é unha administración que forma parte do goberno bipartito da Xunta de Galicia” dixo.
Á ESPERA DUNHA PROPOSTA OFICIAL
Por último, Villares recalcou que en canto o Concello dispoña de xeito oficial da proposta apuntada hoxe polo representante da Consellería de Cultura o goberno municipal estudará a súa viabilidade técnica e legal “e adoptaremos a decisión oportuna”. “O Concello de Cervo sempre estará naquelas decisións que vaian de xeito positivo en favor do interese dos nosos veciños e sirvan para a correcta protección desas pegadas da nosa historia, dos restos arqueolóxicos do castro da Atalaia”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



