CERVO.- O goberno do concello de Cervo manifesta estar elaborando un plan de obras, que será financiado polo Fondo Estatal de investimentos, que ten como referencia o programa electoral municipal do PP e ao que pretenden incorporar achegas de grupos da oposición e das asociacións de veciños.
NOTA DE PRENSA:
Non descarta incorporar achegas dos grupos da oposición, dos distintos colectivos veciñais así como todas aquelas actuacións de interese xeral que poidan ser propostas. Para perfilar as futuras obras, membros do Goberno municipal están a manter contactos cos distintos alcaldes pedáneos do municipio.
O GOBERNO MUNICIPAL ELABORA UN PLAN DE OBRAS A FINANCIAR POLO FONDO ESTATAL DE INVESTIMENTOS BASEADO NOS COMPROMISOS DO SEU PROGRAMA ELECTORAL
* Os socialistas votan en contra do punto da orde do día que eles mesmos propuxeron. Unha mostra máis da despreocupación desta formación política cuxos catro concelleiros esqueceron acudir á comisión preparatoria da sesión plenaria que solicitaron.
* Socialistas e nacionalistas rexeitan o plan de obras proposto polo BNG por conter actuacións técnica e economicamente inviables. Os nacionalistas limitáronse a efectuar un corta e pega dunha proposta tipo chea de erros e imprecisións.
Cervo, 27 de decembro de 2008.- Ás 13.00 horas do día do pasado venres tivo lugar unha sesión extraordinaria do Pleno Municipal do Concello de Cervo co obxecto de debater un único punto da orde do día: a proposta e aprobación, se procede, dun plan de obras a financiar con cargo ao Fondo Estatal de Investimentos das administracións locais.
O Goberno cervense adiantou que está a traballar na confección definitiva do catálogo de actuacións, obras e investimentos a desenvolver nas distintas poboacións do termo municipal. Con este obxecto, membros do Executivo encabezados polo seu primeiro edil, Alfonso Villares, están a manter xuntanzas cos distintos alcaldes pedáneos, así como tamén valorando as distintas propostas realizadas desde varios colectivos veciñais do municipio. O grupo de Goberno adianta que o plan de obras definitivo basearase, de xeito preferente, nas propostas que forman parte do programa electoral co que o Partido Popular obtivo o respaldo maioritario dos cervenses. Ao mesmo tempo non descartan estudar calquera outra proposta que se realice co obxecto de cubrir as necesidades dos veciños e das veciñas do municipio e garanta o interese xeral.
O PSOE VOTA EN CONTRA DA SÚA PROPIA PROPOSTA
No transcurso da devandita xuntanza o PSOE non puido defender a súa proposta de actuacións a desenvolver con cargo a estes fondos que, no caso de Cervo, teñen previsto achegar 845.296 euros ata as arcas municipais. Os socialistas presentaron o seu catálogo de actuacións propostas de xeito extemporáneo xa que ningún dos catro edís do PSOE acudiron á comisión informativa de asuntos do pleno na que deberan perfilar, con carácter previo, a orde do día da sesión plenaria que eles mesmos solicitaron. O debate estivo, polo tanto, baleiro de contido, no referente ás propostas do PSOE pois ningún dos catro edís socialistas estaba facultado por lei para defender a súa proposta.
“Na axenda de prioridades do PSOE Cervo non está no primeiro lugar e agora non poden reclamar algo que pola súa irresponsabilidade e falta de dedicación perderon. Ademais, son moi conscientes do seu errado actuar”
A situación final foi do máis absurdo. Os edís socialistas chegaron a votar en contra dun punto da orde do día cuxo debate eles mesmos propuxeron. A falta de dedicación dos edís do PSOE aos asuntos municipais e a manifesta despreocupación por colaborar na elaboración do plan de obras definitivo que inclua as actuacións que se poden levar a cabo con cargo a este fondo estatal, deixou en evidencia aos integrantes desta formación política que actuaron dun xeito gravemente indilixente. “Incumpriron a lei da seriedade e a responsabilidade”-en palabras do primeiro edil.
CORTA E PEGA DO BNG CON PROPOSTA TÉCNICA E ECONOMICAMENTE INVIABLES
Por outra banda, socialistas e nacionalistas rexeitaron o plan de obras proposto polo BNG despois de subliñar as múltiples carencias que presentaban cada unha das actuacións nel incluídas. Os nacionalistas pretendían desenvolver unha nova rede de evacuación de augas residuais centradas nas cuncas do río Xunco e Cobo “máis a súa proposta carecía de todo rigor ao non ter acreditada nin a súa viabilidade técnica nin económica”.
O BNG non dicía nin a canto ascendería o custe desta nova rede, e das obras a desenvolver para levar adiante a súa construción, nin tampouco si este tipo de entronques coa rede actualmente existente é tecnicamente posible. O Goberno municipal lembrou que xa se está a traballar coa administración competente, Augas de Galicia, nos proxectos de saneamento en Castelo, Trasbar e A Senra, así como nas poboacións de San Ciprián e Cervo capital.
¿LUGO OU CERVO?
Ao mesmo tempo subliñou a falta de dilixencia do BNG que, chegou a realizar un simple “corta e pega” no plan de obras proposto. Nel facíase referencia ao Concello de Lugo en vez de ao Concello de Cervo e se indicaba que a achega do fondo estatal era superior aos 16 millóns de euros, cando esta cantidade e moi superior a que de verdade ten que recibir o noso concello. Segundo o grupo de Goberno o único edil nacionalista tampouco puxo ningunha interese no que estaba a propoñer, e para mostra, as graves deficiencias formais do plan de obras presentado “Hai que leer os documentos, non vale con facer un simple corta e pega cando estamos a tratar de cousas tan serias como as actuacións que o Concello desenvolverá coa vista posta na mellora dos servizos, dotacións e infraestruturas das que a dispoñen os veciños do noso concello”























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



