BARREIROS .- A corporación muncipal de Barreiros aprobou en pleno, cos votos a favor do PP e a abstención de BNG, PSOE e INDEBA o plan de ordenación dos recursos humanos para o Concello de Barreiros e cos votos a favor dos populares, a abstención do PSOE e os votos en contra de BNG e INDEBA o cadro de persoal do Concello para o exercizo de 2008.
O alcalde, Alfonso Fuente, considera que “se aprobou ese cadro de persoal debido a que no noso Concello existía dalgunha forma unha situación un tanto irregular, xa que hai 4 postos de funcionario e sobre unhas 60 persoas contratadas. A maioría é persoal temporal. Había que regularizar esta situación e neste traballo levamos medio ano. Houbo xuntanzas co comité de empresa e cos distintos sindicatos e chegóuse a firmar un acta avalada por todos dando o visto bó a esta proposta. En dita proposta da alcaldía van incluidas 21 prazas de funcionarios e 35 de persoal laboral fixo”.
Fuente Parga amósase sorprendido “polos votos emitidos por BNG e INDEBA en contra do cadro de persoal. É algo que non nos parece axeitado, cando están de acordo os traballadores que son os os afectados e cando están de acordo os sindicatos que son os representantes deses traballadores. E resulta que a proposta que se levaba a pleno era para regularizar unha situación anormal que existía no noso Concello para dar estabilidade ao emprego vendo ademáis a que está caendo hoxe en día con perdas importantes de postos de traballo. O único que queremos é darlle estabilidade aos traballadores e que as novas prazas poidan sair a concurso. Por eso nos sorprende que cando se fala de postos de traballo vexamos como uns concelleiros votan en contra de algo que está consensuado cos traballadores. A verdade é que costa entendelo”.
Profesionalidade dos traballadores
O alcalde cre “que na situación na que se está hai moita xente que non pensa nas familias nin nos postos de traballo, só pensan en sí mesmos. No pleno se chegou a dicir por parte do voceiro do BNG que esto se facía para amparar a uns traballadores que foron contratados a dedo. Eu sinceiramente confío na profesionalidade de todos os traballadores do Concello. Creo que son a base do noso Concello e os que tiran polo Concello xunto co equipo de goberno, pero o equipo de goberno non sería nada sen os traballadores do Concello e non sei como este señor se pon na parte oposta aos traballadores. Esto só ten unha lectura e é que este señor non pensa en chegar a gobernar neste Concello ou si algún día eso ocorre mandará a todos os traballadores para a casa e contratará a outros, porque polo que manifestou no pleno casi da a entender que considera que non son válidos”.
O PP de Barreiros aprobou en solitario reordenación de recursos humanos e o cadro de persoal























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



