BURELA .- Burela acollerá o 9 de decembro un obradoiro informativo dirixido ao tecido empresarial. “Atrevete a Innovar” é como se denomina este seminario, segundo informa o edil nacionalista José González Legazpi, responsable da Delegación de Industria, Comercio e Turismo.
González Legazpi considera que “a innovación como ferramenta de competitividade empresarial e a súa visión práctica na empresa serán os núcleos deste obradoiro de interés para o mundo empresarial xa que logo as condicións de innovación constitúen hoxe un proceso necesario na mellora da competitividade e productividade das empresas, sendo por tanto preciso coñecer as ferramentas necesarias que permitan afrontar o proceso de cambio cara a unha cultura aberta á creatividade e á innovación empresarial”.
Este obradoiro que organiza o grupo de Formación Proxectos, en colaboración coa Cámara de Comercio e o Concello de Burela, coa financiación da Conselleria de Innovación e Industria, tera lugar a partir das 16:00 horas do día 9 de decembro no Centro de Formación Ocupacional e está dirixido principalmente ao persoal directivo ou técnico das empresas , así como a outros axentes económicos.
A asistencia é gratuita, ainda que debe solicitarse previamente a inscripción contactando directamente co servizo de información no Teléfono 981 36 40 46, e Fax 981 35 98 75, na dirección atreveteainnovar@proxectos.com, ou mesmo na ADL do Concello de Burela chamando ao 982 58 10 93.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



