FOZ.- O vindeiro sábado 24 de xaneiro, a xunta directiva da Asociación de Veciños “O Castro” de Foz manterá unha reunión cos presidentes dos grupos de traballo do PXOM do casco urbano. O motivo desta xuntanza non é outro que coñecer de primeira man o estado dos traballos realizados por estes grupos a fin de determinar as liñas de actuación con respecto ó Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Foz. Dado que “O Castro” ten como ámbito de actuación ós veciños do casco urbano da vila, os grupos de traballo convocados son os do Centro, O Campo, A Isla, Torres-Llas e Vilaxoane. Dita reunión terá lugar no local social de “O Castro” ás 10h30.
A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz reunirase cos representantes dos grupos de traballo do PXOM
A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz reunirase cos representantes dos grupos de traballo do PXOM
Relacionado
-
Concello e Centro de Saúde de Burela organizan paseos saudables abertos a partir do xoves 2 de maio
-
A Xunta recibe 11 ofertas paraexecutar as obras da 1ª fase de mellora da capacidade e da seguridade da estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros
-
O Concello de Alfoz amosa preocupación polo lixo acumulado nas cunetas