Nota de Prensa
O concello de Cervo asemellase ao Camarote dos Hermanos Marx
O problema do PP é que non goberna e pasouse a facer oposición
11 son os concelleiros que a día de hoxe están na oposición no concello de Cervo. A foto tras 9 anos de goberno do PP é demoledora: rúas e beirarrúas intransitables, avarías sen resolver durante meses, perda de subvencións por falla de xestión, falla de información aos veciños, os presupostos sen aprobar, falla de transparencia, falla de vontade para sacar adiante o PXOM, etc.
Tódalas áreas de goberno, e especialmente as que dirixen o alcalde Alfonso Villares e o tenente de alcalde Xosé Manuel Balseiro, están totalmente desatendidas e amosan unha falla de coordinación que repercute negativamente no día a día dos veciños do Concello.
Lembramos que Alfonso Villares é o responsable de facenda, e neste campo a cabe sinalar que os presupostos están sen aprobar, e que o Concello de Cervo traballa cun presuposto prorrogado do 2007 que implica a imposibilidade de facer inversións en obras, formalizar certas subvencións e que as reclamacións dos traballadores en canto a propostas de melloras salariais non sexan atendidas. Todo isto a pesar de que o PP ten maioría absoluta que lle permite en calquera momento a aprobación dos presupostos comodamente. Os veciños quéixanse de ter que acudir en varias ocasións para poder falar co alcalde, posto que na maioría das ocasións non se atopa no concello.
En canto ao tenente de alcalde, o Sr Balseiro, a súa presencia no concello e case testemuñal; con responsabilidade en obras e urbanismo, so é preciso percorrer o concello para darse conta da nula dedicacións as áreas que lle son propias: infinidade de edificios en construción sen ningún tipo de ordenamento, avarías sen resolver despois de tres meses, como no caso das vallas colocadas nunha arqueta de saneamento fronte as instalacións dunha empresa de transportes na carreteira N-640, que leva tres meses vertendo auga (axúntase foto). En canto á elaboración do PXOM, os grupos da oposición non recibiron a día de hoxe por parte do concello ningún avance nin proposta en relación coa súa elaboración. Achacamos esta desatención continuada ao feito de que o Sr Balseiro está moi ocupado con outros asuntos de partido alleos ao concello, que non lle permiten atender como se merece aos veciños deste concello.
Pilar Armada, concelleira de asuntos sociais, muller e seguridade cidadá, a pesar de ter unhas áreas que afectan de forma moi importante a maioría da poboación de Cervo, non e capaz de xestionar de forma áxil ningunha das áreas, e moi especialmente no caso das axudas a domicilio, obrigando as persoas do medio rural a ter que desprazarse a San Ciprián para os trámites, a pesar de contar co persoal cualificado nas instalacións do propio concello, que evitarían estes desprazamentos.
O Sr Basanta é o único concelleiro que dende o noso punto de vista dedica algo de tempo ao concello, pero con pouca sorte posto que tódolos marróns derivados da falla de dedicación dos seus compañeiros, estalos a sufrir na súa persoa, no día a día no concello, ao ser o único que está presente dunha forma continua no mesmo.
Podémonos preguntar entonces a qué se dedican os concelleiros do PP en Cervo e a resposta é moi sinxela: pasáronse á oposición, inspeccionando e criticando as actuacións do goberno central, da Xunta e da Deputación, saíndo en prensa a criticar aos concelleiros do Grupo Socialista, as consellerías e a todo o que se mova.

Vertido de auga procedente dunha arqueta de saneamento no acceso as instalacións dunha empresa de transportes do Concello de Cervo.
Iso si, cando se trata de dar conta da súa xestión, que é polo que están gobernado, non atopamos moito do que falar, sinxelamente porque non hai.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



