RIBADEO (FNC) .-. O pleno do Concello aprobou por unanimidade a ratificación do novo proxecto da ARI para Rinlo. O alcalde, Fernando Suárez, di que “se trata dun asunto de primeiro nivel que levamos a pleno, unha vez cumprimentadas todas as melloras que nos propuxeron desde a Consellería de Vivenda sobre todo para que desde o primeiro momento xunto cos recursos públicos destinados a financiar a rehabilitación de vivendas privadas tamén se incorporaron xa o acondicionamento de espazos públicos para facer unha similitude do que se leva xa anos facendo no casco vello de Ribadeo”.
Na sesión plenaria de onte cos votos a favor de BNG, PP e PSOE e a abstención de UPRI foi aprobado definitivamente o regulamento de réxime interior do Hospital Asilo. O rexedor asegura que “se presentaron alegacións por parte dalgunhas asociacións de veciños do concello e que basicamente rexeitáronse a práctica totalidade de ditas alegacións aínda que nalgúns casos entendeusde que era positivo enriquecer este regulamento dalgunha maneira con esas achegas que nos facían e houbo unha parte que si se estimou e agora unha vez aprobado por unha maioría ampla da Corporación iniciamos o camiño para resolver esta situación”.
Suárez engade que “dita situación era de certa alegalidade é dicir, non estaba nin legal nin ilegal o Hospital Asilo de Ribadeo rexido por unha congregación relixiosa, pero demos un paso de xigante para resolver esta situación. Ábrese a porta ao financiamento externo por parte da Xunta a través da lei de dependencia e por parte da Deputación, e ábrese a porta para que non só o centro senón tamén os usuarios poidan ser beneficiarios doutro tipo de prestacións do Estado e da Comunidade Autónoma”.
O alcalde considera que “ao mesmo tempo esta ordenanza vai regular un prezo mínimo máis elevado do que había ata o de agora porque o goberno e a Corporación na súa práctica totalidade consideramos que había que contribuír a reducir esta fenda ten grande que está habendo entre os ingresos e os gastos e senón se reduce esa fenda pode dar lugar a que o día menos pensado o centro deixe de prestar o servizo que presta porque a congregación relixiosa así nolo tiña advertido. Esta aprobación non só contou co apoio do equipo de goberno senón que tamén lle deron o seu respaldo o PP e o PSOE”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



