NOTA DE PRENSA
| O PPdeG reclama “respecto e dignidade” para os dependentes da Mariña que ven como a incompetencia dun Goberno enredado en adiantos electorais e intereses partidistas, está a poñer en perigo o desenvolvemento da Lei |
| HOXE HAI MÁS MARIÑÁNS QUE FALECERON Á ESPERA DE RECIBIR AS AXUDAS QUE LLES PERTENCEN POLA LEI DE DEPENDENCIA QUE BENEFICIARIOS RECIBÍNDOAS |
|
A Mariña, 20 de xaneiro de 2008.- A aplicación dos dereitos e axudas contemplados na Lei de Dependencia segue a ser a gran asignatura pendente na Mariña lucense de tal xeito que hoxe hai máis veciños desta comarca que faleceron á espera de poder recibir as axudas da Lei de dependencia, tendo dereito a elas, que beneficiarios recibindo os correspondentes abonos. O devandito dato foi facilitado polo deputado do Partido Popular de Galicia (PPdeG) José Manuel Balseiro Orol no transcurso dunha rolda de prensa na que reclamou “respecto e dignidade” para as persoas dependentes que están a ver como a incompetencia do Goberno bipartito, enredado en adiantos electorais e intereses partidistas, está a poñer en perigo o desenvolvemento da Lei.
UN CENTENAR DE FALECIDOS
O deputado do PPdeG na Mariña lucense explicou que a Xunta desistiu da tramitación dos expedientes de recoñecemento das axudas para preto dun centenar de mariñáns. O motivo principal desta baixa por causas sobrevidas foi precisamente a defunción da persoa que solicitaba a valoración do seu grado de dependencia ou, no seu caso, da persoa que xa tiña recoñecido o dereito a recibir a axuda. O número de expedientes iniciados nos distintos concellos da nosa comarca (incluído Riotorto) ascende a 1.540.
ENGANO MASIVO
Para dar unha imaxe do que está a acontecer, Balseiro Orol emprega os datos relativos a seis concellos da nosa comarca. Serven como exemplo: Cervo, Xove, Barreiros, Alfoz, O Vicedo e Ribadeo. Segundo o cronograma de aplicación da Lei de Dependencia xa terían que estar atendidos os grandes dependentes (Grado III) e os dependentes de grado II (dependencia severa, nivel II). Lonxe desta realidade o certo é que tan só están a cobrar as súas axudas o 1% do total de mariñáns que iniciaron o seu expediente de recoñecemento de dependencia -7 de 577 persoas-. O dato é aínda máis desalentador se atendemos ás cifras de grandes dependentes: 18 dos 182 beneficiarios faleceron sen percibir as súas axudas, isto é preto dun 10% daquelas persoas que, por lei, tiñan dereito a recibilas.
SEN PRAZAS PARA DEPENDENTES EN BURELA
Pero as carencias do desenvolvemento da nova Lei na nosa comarca non se limitan á falta de abono das axudas para aquelas persoas que lograron o recoñecemento do seu grado e nivel de dependencia, nin para os seus coidadores, senón que tamén afecta a outro tipo de servizos aos que da dereito esta nova lei: axuda no fogar, residencias e centros de dia. Malia os incontables anuncios da Vicepresidencia o certo é que non se procedeu á construción e apertura de nin un só centro de día na Mariña, polo que carecemos aínda destas infraestruturas de primeiro interese social a excepción do centro de día de Viveiro xestionado por Cruz Vermella. A maiores disto e, a pesar das obras que se desenvolveron na residencia da terceira idade de Burela esta segue a ser exclusiva para persoas válidas, -non ofrece prazas para persoas dependentes- e, incumprindo a súa promesa de abrila en decembro do ano pasado, a residencia de Viveiro non está operativa. As obras no centro sito en Burela non foron máis ca un “lavado de cara” e os dependentes da Mariña teñen que ser derivados a residencias alleas á rede pública ou a prazas concertadas en centros privados como o de Xove.
O BNG COMO OBSTÁCULO
A aplicación da Lei de Dependencia na Mariña está a ser unha travesía chea de obstáculos na que o principal escollo é a falta de vontade política da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Os populares denuncian que desde esta área de Goberno de responsabilidade nacionalista se gastan máis cartos en propaganda e no aparato que ser organiza coas visitas de Quintana aos distintos concellos de Galicia, que en pagar as axudas que por dereito lle corresponden ás persoas dependentes.
QUINTANA E TOURIÑO RESPONSABLES
Balseiro Orol sinala que nesta historia de “falsas expectativas e intentos de manipulación” dos dependentes galegos só hai dous máximos responsables: o señor Anxo Quintana e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.
“O señor Quintana –lembra- por que é o promotor inicial do engano masivo, xogando, desde un principio, a ocultar e a maquillar os datos do grao de aplicación da lei, creando falsas esperanzas a centos de familias; e o presidente da Xunta, xefe do Executivo autonómico, polo seu nulo peso político á hora de mediar co seu goberno amigo de Madrid”.
Para o deputado popular pola Mariña a actitude do BNG e do PSdeG está a lastrar, aínda máis, o desenvolvemento da lei na nosa comarca, que xa acumula unha notable demora, que sitúa a Galicia en postos de cola en comparación co conxunto do Estado.
PRÁCTICA PERVERSA: FALSAS EXPECTATIVAS
Balseiro Orol considera que as falsas expectativas levantadas ata o de agora pola Xunta e polo Goberno central en relación con prometidas prestacións para os dependentes e as súas familias, “que non están a recibir as axudas que por dereito lles corresponden a medio prazo como consecuencia da carencia dos medios económicos”, constitúe unha práctica perversa, máis ca censurable.
S
Anexo cadro:
| ¿Cántos expedientes da Lei de Dependencia (de veciños do teu concello) foron remitidos á Xunta? | ¿Cántos foron valorados como grandes dependentes (grado III)? | ¿Cantos destes grandes dependentes (grado III) están valorados dende hai máis de 6 meses? | ¿Cántos destes grandes dependentes (grado III) valorados pola Xunta falleceron sen percibir axudas? | ¿Cántos foron valorados como dependentes severos (grado II)? | ¿Cántos foron valorados como dependentes moderados (grado I)? | ¿Cántos veciños do concello cobran axudas económicas da Lei de Dependencia? | |
| Concello de Cervo | 65 | 17 | 4 | 5 | 5 | 2 | 0 |
| Concello de Xove | 64 | 24 | 13 | 4 | 6 | 1 | 1 |
| Concello de Barreiros | 89 | 31 | 12 | 2 | 4 | 3 | 2 |
| Concello de Aloz | 109 | 32 | 17 | 4 | 17 | 4 | 3 |
| Concello de Vicedo | 49 | 16 | 8 | 1 | 3 | 3 | 1 |
| Concello de Ribadeo | 201 | 62 | 0 | 2 | 13 | 8 | 0 |
| TOTAL | 577 | 182 | 54 | 18 | 48 | 21 | 7 |

















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



