RIOTORTO .- O vicepresidente da Deputación, Antón Bao recibiu está mañá no Pazo de San Marcos o alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa. Durante a xuntanza asinouse un convenio de colaboración entre a Área de Deportes e o concello para pór en marcha un proxecto de reconstrución e adecuación do polideportivo municipal. Para Bao a rehabilitación dos espazos deportivos é “máis ca necesaria para que os rapaces e rapazas de todas as comarcas lucenses poidan practicar calquera tipo de actividade deportiva”. As achegas ás asociacións e o fomento de determinadas disciplinas é unha das máximas da Área de Deporte.
A área de Deportes da Deputación subvencionará a remodelación do polideportivo de Riotorto
A área de Deportes da Deputación subvencionará a remodelación do polideportivo de Riotorto
Relacionado
-
O Concello de Foz recibiu a visita da directora da UNED de Lugo, que se reuniu co alcalde
-
Viveiro reclama á Xunta “que garanta o servizo de madrugadores nos colexios e que asuma as súas competencias en educación”
-
Lorenzana solicita ao goberno que convoque a comisión de seguimento de Alcoa “ao máis alto nivel”