NOTA DE PRENSA
Sinala que os actuais responsables da Xunta non souberon estar ao carón e apoiar ao sector pesqueiro galego en tempo de crise e alerta ante a perda de influencia da nosa flota en Europa polo seguidismo que se está a facer da estratexia pesqueira marcada desde Madrid
BALSEIRO ASEGURA QUE A PESCA PERMANECE EN “ESTADO COMA” DESPOIS DE CATRO ANOS DE MALA XESTIÓN DA SOCIALISTA CARMEN GALLEGO
• Coa creación da macroconsellería do Mar o futuro Goberno presidido por Alberto Nuñez Feijóo situará á pesca no nivel que lle corresponde como actividade económica estratéxica para Galicia.
• A falta de execución dos plan de desenvolvemento pesqueiro privou aos portos da Mariña lucense e do resto de Galicia de dotacións e infraestruturas básicas para o seu futuro.
• O mantemento dos prezos do peixe en primeira venda a niveis de fai 20 anos, a competencia desleal que supoñen as importacións incontroladas de peixe foráneo e a falta de tripulación son problemas fronte aos que a Xunta permaneceu de brazos cruzados.
A Mariña, 07 de febreiro de 2009.- O candidato mariñán do Partido Popular de Galicia pola provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, asegurou que o sector pesqueiro permanece en estado de coma como consecuencia da mala xestión da socialista Carmen Gallego que, no actual Goberno da Xunta vén exercendo as responsabilidades de asuntos marítimos. De feito, segundo o dirixente popular coa política seguida ata o momento polo Executivo de Touriño e de Quintana se está a provocar un grave prexuízo a moitas familias e a desincentivar a aqueles que teñen na actualidade a pesca e o marisqueo como a súa principal fonte de ingresos ou o como o seu emprego de futuro.
Jose Manuel Balseiro Orol fai un balance da política pesqueira seguida ata o momento desde a Xunta despois de que no día de onte na Mariña lucense o Partido Socialista celebrara un acto pre-electoral centrado neste ámbito e no que se pretendeu render contas ante un sector asfixiado pola falta de xestión da Xunta.
AUSENCIA DA XUNTA ANTE A CRISE DO SECTOR
Fundamenta a súa postura en varios aspectos: Nun primeiro termo, José Manuel Balseiro subliñou que a lentitude no abono de moitas axudas está a tirar por terra a aposta polo futuro do sector pesqueiro como actividade económica estratéxica para Galicia. Asegura que tanto as confrarías de pescadores como as principais empresas pesqueiras non contan coa Xunta como aliada na actual situación de crise, nin tampouco cando o excesivo aumento do prezo do combustible convertía en non rendible a actividade extractiva.
FALTA DE EXECUCIÓN DOS PLANS DE PORTOS
Neste ámbito salienta tamén, o inexacto das afirmacións efectuadas por Carmen Gallego que, no día de onte, afirmou que a Consellería que dirixe investiu preto de 70 millóns de euros na Mariña lucense. A falta de desenvolvemento dos plans de portos, iniciados polo PPdeG privou aos peiraos da nosa comarca de dispoñer de novas infraestruturas e dotacións capaces de favorecer a actividade da pesca artesanal e de baixura. Xunto a iso a incapacidade do Goberno galego de defender á nosa flota nas negociacións no seo da Unión Europea, diminuíu as expectativas de futuro, situación que coñecen ben na nosa comarca onde están dous dos portos pesqueiros máis importantes de Galicia: Burela e Celeiro.
A XUNTA DE BRAZOS CRUZADOS
Balseiro entende que nestes catro anos a socialista Carmen Gallego permaneceu de brazos cruzados para poñer freo a dous dos problemas máis graves que están a sufrir os axentes do sector pesqueiro tanto da altura e gran altura como no caso dos pescadores das nosas rías: o mantemento dos prezos do peixe en primeira venda en niveles similares a fai vinte anos –sen que esta precariedade que afecta ao primeiro eslavón da cadea teña reflexo no prezo final que paga o consumidor- e a entrada masiva de peixe foráneo, de menor calidade que o galego pero que constitúe unha competencia desleal inaceptable, non poden combaterse sen o apoio e o compromiso da administración autonómica.
MENOS TRIPULACIÓNS, SEN RELEVO XERACIONAL, SEN A FORMACIÓN AXEITADA
Asimesmo, o voceiro popular asegurou que a actual titular de Pesca na Xunta non fixo nada para promover unha mellor regulación laboral do sector, con máis protección social que favoreza o relevo xeracional, así como tampouco se impulsaron melloras das condicións laborais e de seguridade dos traballadores. Ambos factores dificultan tamén a posibilidade de completar as tripulacións para as embarcacións e dificulta a disponibilidade de mano de obra. A todo iso debeselle engadir o obsoleto do sistema de formación dos titulados náutico-pesqueiros, un ámbito no que a Xunta debería liderar as presións ante o Goberno central para que procedan á súa reforma.
FURTIVISMO INCONTROLADO
Por outra banda, con Carmen Gallego como máxima responsable da Pesca en Galicia non se soubo aproveitar a gran potencionalidade do persoal e os medios existentes en materia de protección dos recursos. De feito, os traballadores do Servizo de Gardacostas víronse impedidos á hora de loitar contra o furtivismo, que afectou tamén dun xeito especial á Mariña lucense. O Goberno galego actual non soubo xestionar un servizo no que os seus traballadores pasaban máis tempo coas súas lanchas amarradas que empregándoas para facer os seus labores. A Xunta tampouco foi quen de corrixir as deficiencias que se detectaron nos medios de salvamento, como os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, contribuíndo a súa precariedade.
PERDA DE PESO EN EUROPA
En definitiva PPdeG as actuacións da consellería de Pesca e Asuntos Marítimos caracterizáronse ao longo desta lexislatura pola ausencia total de iniciativas e o seguidismo da política do Goberno central por riba dos intereses do sector pesqueiro galego. A política de submisión da Xunta das directrices de Ferraz fan que ante Europa o Executivo autonómico non sexa quen de defender os intereses do sector galego. Así o amosan as malas decisións sobre a parada biolóxica da anchoa, a pescada, ou tamén, para a recuperación dos bancos marisqueiros. Parece evidente, que a nosa flota perdeu peso en Europa e que Galicia non foi a prioridade da política pesqueira que desenvolve o Goberno de Zapatero e á que se prega submiso o Executivo de Touriño e de Quintana.
CON FEIJÓO MARCRO CONSELLERÍA DO MAR
Jose Manuel Balseiro Orol que durante a lexislatura que remata exerceu no Parlamento de Galicia as funcións de voceiro de Pesca e Asuntos Marítimos do PPdeG sinala a Carmen Gallego como a primeira responsable desta situación e reclama un cambio de modelo e de xestión. Neste senso subliña que a intención de Alberto Nuñez Feijóo candidato popular de unificar todas as competencias que afecten a este sector na futura macroconsellería do Mar permitirá situar as políticas pesqueiras no nivel que lles corresponde, isto é como actividade estratéxica da que dependen máis de 35.000 persoas e centos de miles de familias galegas. Garantir o futuro dos sectores de pesca, do marisqueo e da acuicultura en Galicia debe ser, unha política prioritaria daqueles que aspiren a liderar o Goberno autonómico –conclúe Balseiro Orol.



















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



