NOTA DE PRENSA:
O GRUPO MUNICIPAL DO PP CREE QUE O PSOE É O MENOS INDICADO PARA “POÑERSE MEDALLAS” POLO SANEAMENTO DA SENRA
Cervo, 12 de febreiro de 2009.- O Goberno local do Concello de Cervo cree que os socialistas deberían estar “caladiños” en lugar de vir á Senra a reunirse cós veciños para anunciarlles o financiamento das obras de saneamento desta parroquia.
En opinión dos integrantes do equipo de Goberno municipal o suposto compromiso anunciado o pasado martes polos delegados provinciais de Política Territorial e Medio Ambiente -Daniel Núñez e Eduardo Vidal-, e pola voceira socialista, Lara Méndez, de acometer esta infraestrutura é froito “do esforzo e das xestións” feitas polo alcalde conxuntamente cós veciños desta parroquia. “Que ninguén veña agora a poñerse medallas que non lle corresponden” sinalaron os populares cervenses en relación a este asunto.
Os responsables municipais lembraron que o saneamento da Senra -xunto có inicio da construción dunha estación de tratamento de auga potable en Rua (que abastecerá de suministro a Rúa, San Román e A Senra) e as obras de saneamento para Cervo e San Cirpián- foi unha das esixencias expostas polo equipo de goberno cervense diante da Xunta e do Ente Augas de Galicia como requisito “innegociable” do Concello de Cervo para desbloquear as obras de abastecemento de auga a Cervo e Burela. “Se por eles fora -dixeron os populares refirindose aos responsables socialistas- a Senra non disporía de saneamento. Tivo que ser o Concello quen presionara para que axunta se decidira a adoptar este compromiso. Por iso, parécenos dun cinismo político desmedido que os mesmos que pretendían deixar sen unha infraestrutura básica a uns núcleos de poboación cervenses en beneficio dun concello limítrofe sexan agora os que se presenten diante dos veciños coma artífices do logro” sentenciaron.
MÉNDEZ ANTEPÓN OS INTERESES DE BURELA AOS DE CERVO
O equipo de Goberno municipal tamén acusou a Lara Méndez de antepoñer os intereses de Burela aos do seu propio concello. “Non só nunca reivindicou o mesmo trato para os veciños do rural de Cervo no proxecto de abastecemento conxunto a Cervo e Burela; se non que hai seis meses permitiuse o luxo de presentarse diante do alcalde da man de Alfredo Llano para interceder por Burela e pedíndolle que Cervo desbloqueara as obras de abastecemento a este concello sen facer alusión algunha á necesidade do saneamento das parroquias que van subministrar a auga a este municipio veciño” aseguraron.
REUNIÓN CÓS VECIÑOS
Neste senso os populares de Cervo lembraron que Alfonso Villares leva mantido diversas reunións cos veciños da Senra. O pasado venres alcalde e veciños percorreron os terreos afectados pola ocupación do consorcio da rede de abastecemento de auga Cervo-Burela; e onte entregóuselles un plano coa superficie a ocupar por esta rede a cada un dos propietarios afectados. Asi mesmo, dende o Concello se está a apoiar a a reivindicación veciñal de obter un compromiso por escrito do responsable do Ente Augas de Galicia, José Luís Romero Valeiras, para que as obras de saneamento a esta parroquia estean licitadas antes de xuño de 2009, tal e coma se comprometera verbalmente co alcalde o pasado mes de setembro. Naquela ocasión o responsable do organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente aseguroulle a Villares que Augas de Galicia licitaría as obras de saneamento para Cervo, A Senra e San Cirpián antes do vindeiro mes de xuño.

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



