NOTA DE PRENSA
O candidato número tres dos populares lucenses e deputado mariñán avoga porque a administración autonómica actúe nunha dobre dirección: axudando directamente a este sector estratéxico para a economía comarcal e aos traballadores que perderon o seu emprego ou poden perdelo no futuro para que obteñan solucións a curto prazo e non promesas electorais que chegan tarde e son ineficaces para solventar a situación actual. En resume: “Hai que actuar xa”
BALSEIRO RECLAMA UN PLAN DE APOIO URXENTE QUE EVITE A CRECENTE DESTRUCIÓN DE EMPREGO NAS EMPRESAS EXTERIORES DE ALCOA
* “Parece mentira que os responsables de Traballo (Ricardo Varela) e Industria (Fernando Blanco), candidatos ambos pola nosa provincia, descoñezan esta realidade ou, o que aínda é peor permanezan de brazos cruzados ante a perda de numerosos postos de traballo”
* O ritmo de destrución de emprego no sector industrial da Mariña está a acelerarse: O paro creceu en máis dun 32% no pasado ano e en xaneiro o número de desempregados neste ámbito superou o centenar.
A Mariña, 11 de febreiro de 2009.- O candidato número tres dos populares lucenses e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro Orol, vén de reclamar un plan de apoio urxente á industria auxiliar de ALCOA a través do que se poida poñer freo á crecente destrución de emprego que se está a rexistrar neste sector. Para o dirixente popular, as diferentes noticias sobre o aumento do número de traballadores que van ao paro nestas empresas demostra a inestabilidade pola que está a pasar o sector industrial na nosa comarca e a necesidade de que se actúe sen máis dilación.
Segundo as últimas cifras coñecidas sobre paro rexistrado -correspondentes ao mes de xaneiro- o ritmo de destrución de emprego no sector da industria se está a acelerar de tal xeito que comezan a saltar todas as alarmas. O incremento acumulado en termos interanuais supera o 32% e tan só no mes de xaneiro o número de desempregados na industria superou o centenar. En todas as actividades 372 mariñáns perderon o seu traballo.
Parece máis que evidente que o sector da industria auxiliar do aluminio está en crise e, neste momento, temos máis de 2.500 empregos directa e indirectamente afectados. Desde a propia ALCOA que xa adiantou que reducirá a súa produción para corrixir a súa acumulación de stocks e a progresiva diminución do prezo do aluminio, ata as empresas de transporte, distribución ou auxiliares desta multinacional que operan na nosa comarca.
ACTUAR NUNHA DOBRE DIRECCIÓN
De feito o PPdeG, diante desta situación, avoga por actual nunha dobre dirección: axudando directamente a este sector, como unha aposta estratéxica para a nosa economía, e axudando aos traballadores, que perderon e poden perder os seus postos de traballo nun futuro próximo. “Débeselles ofrecer solucións a curto prazo e non promesas electorais que chegarán tarde e serán ineficaces para solventar a situación actual. En resume, hai que actuar xa”.
DESCOÑECEN A REALIDADE ACTUAL
Os populares non comprende a parálise e a falta de reacción que caracteriza aos actuais dirixentes da administración autonómica que desde consellerías como as de Traballo -dirixidas polo socialista Ricardo Varela- ou de Innovación e Industria -responsabilidade do nacionalista Fernando Blanco- parecen non ser conscientes desta realidade e non están a acometer medidas específicas e urxentes para evitar esta sangría de destrución de empregos. “Parece mentira que estes dous señores sexan candidatos pola nosa provincia e descoñezan como o fan a situación pola que están a pasar todos estes traballadores aos que non lles ofrecen nada inmediato, solucións a curto prazo ante unha situación de extremada gravidade”
BALANCE
Desgraciadamente os datos acreditan que desde o Goberno de Touriño e de Quintana mentiuse ao conxunto dos galegos ocultando a situación actual e, o que é aínda peor, que é incapaz de habilitar medidas que freen o crecemento do paro en Galicia
O Goberno bipartito recibiu unha Galicia con crecemento sostido e sólido, que creaba emprego e que confiaba no futuro. Pola contra hoxe deixa unha Galicia nun proceso de constante destrución de postos de traballo e bordeando a recesión económica. Afortundamente tras a cita electoral do vindeiro primero de marzo iníciase unha nova etapa na que o presidente Feijóo saberá unir esforzos para superar as actuais dificultades. Un novo momento que nos saque do desconcerto político que estamos vivindo e da decadencia económica que atravesa Galicia.
Nos máis de tres anos e medio transcorridos desde a chegada do Goberno bipartito, o cambio foi a peor xa que socialistas e nacionalistas non responderon ás expectativas e decepcionaron aos seus votantes. Agora, a Galicia espéralle outro cambio, tras lograr o Partido Popular a confianza maioritaria dos galegos, pero desta vez para mellor.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



