RIBADEO (FNC) .- A presidenta da Fundación Herdeiros da Mar e escritora focense Marisol Moreda presenta en Madrid o 23 de febreiro o seu último libro O silencio da mar. O acto desenvolverase na sede da UXT do Mar (situada na Federación de Transportes) Av. de América nº 25 de Madrid, sala 717, planta 7. ás 12:00 horas.
Trátase dun libro que “é o resumo de varias historias reais, que respectando o anonimato dos personaxes, son parte dos casos que chegan á Fundación Herdeiros da Mar, onde se recollen dez anos de coñecemento e axudas á xente mariñeira e nos que se sucederon as alegrías e as penas, nos que se sumaron a momentos de esperanza outros de desilusión. Por isto o mesmo contido do libro é agridoce. É unha mostra, unha realidade clara, sen concesións ao politicamente correcto. É concienciar ao lector sen fantasías edulcoradas”, explica a autora.
Marisol Moreda comenta que “o mar e as súas xentes inspiraron ao longo da historia da literatura infinidade de relatos románticos ou heroicos, pero neste libro trátase o cotián, xa que logo si con pasaxes románticas e heroicos, pero tamén con outros amargos e tristes. Queda recollida parte da actividade que realizamos e é o relato dun esforzo ás veces, con desesperanza e cansazo, ata propio”. A escritora focense di que lle gustado escribilo “porque o entendo como un xeito de dar a coñecer esa realidade e que as institucións poidan entendelo así para manter todos os esforzos na defensa da dignidade deses traballadores e das familias mariñeiras. A Fundación Herdeiros da Mar, na súa década de actividade acumulou moitos datos e algúns os edita hoxe de forma sinxela a propia Fundación, porque quixemos que vise a luz nun momento político e social en que tanto se xoga a sociedade, especialmente aquela parte de quen procede e a quen vai dirixido este texto. Todos temos dereito a saber de como faleceu o noso pai, ou como vive unha muller que recolle o percebe das rocas, extraéndoo de alí por uns poucos céntimos e xogándose a vida. Ou como vive un mariñeiro a súa pesca en Somalia ante o medo aos piratas”. A presidenta da Fundación Herdeiros da Mar espera que “as realidades recollidas neste volume, a súa humanidade, sexan merecedoras de mellores e máis altas metas e para iso estamos realizando xestións para obter canles de difusión que fagan chegar ao maior número de persoas posibles esta publicación”.
Condicións laborais
Marisol Moreda aproveita a ocasión para recordar que “os mariñeiros seguen, a pesar das miles de firmas recollidas por esta Fundación tal e como expuxemos en Madrid en decembro de 2008, coas mesmas condicións de venda do peixe en lonxa, salarios, e demandas pendentes de compensacións económicas similares ás doutros sectores de actividade como o agrícola (PER, plan de emprego rural). Os nosos mariñeiros realizan o seu traballo nunhas condicións cando menos revisables, dispón duns mecanismos de defensa moi débiles cando están na distancia? e á hora da xubilación a súa calidade de vida empeora debido ao ritmo ao que estiveron realizando o seu traballo por fatígaa e falta de descanso no mesmo”.
No Silencio del Mar recóllense casos que “demostran a insuficiencia das pensións que perciben os mariñeiros e que lles impide en ocasións, poder pagar cousas tan básicas como a luz ou a auga, ou custearse viaxes necesarias a hospitais galegos para recibir os tratamentos pertinentes. Nárranse outros casos cheos de forza no que o que un se enfronta ás dificultades. É un libro social que ben podería formar parte dunha serie de TV ou incluírse nos catálogos das grandes editoriais. Experiencias narradas que impulsan unha reflexión colectiva sobre a precariedade socioeconómica e laboral na que viven estes profesionais. A realidade ás veces supera a ficción”, segue relatando a autora.
Marisol Moreda avoga tamén por intensificar e mellorar o control das importacións de peixe que chegan a España procedentes de países asiáticos e africanos “queremos que se comprobe que reúnen as condicións hixiénico- sanitarias que se esixen tamén aos produtos que se pescan nos nosos mares ou que chegan desde outros puntos da UE”.
Segue o apoio ao sector
Marisol Moreda asegura que “seguiremos apoiándonos nas firmas recollidas para reclamar que os mariñeiros teñan as mesmas condicións de traballo que outros sectores. Mentres, na Fundación Herdeiros da Mar seguimos prestando axudas. Non temos subvención algunha das administracións pero non deixamos ás nosas xentes do mar no esquecemento en tempos difíciles e custosos para nós mesmos”.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



