CERVO .- O Concello de Cervo está a completar os traballos de limpeza e recuperación das marxes do Río Cobo desenvolvidos nos días pasados por operarios da emprega TRAGSA. Máis en concreto, traballadores municipais da brigada de obras e medio ambiente procederon á retirada dos entullos e demais residuos que se atopaban nun espazo contiguo ao río, no lugar de Seixo (Castelo).
Unha vez retirada a maleza e os restos forestais que cubrían o leito do río, de xeito especial, despois dos temporais dos últimos meses, advertiuse a presenza de múltiples entullos, ferros e incluso algún frigorífico e lavadora no que vén a ser un vertedoiro incontrolado parcialmente oculto baixo a terra. As brigadas municipais encheron tres camións con estes residuos para levalos a un punto de tratamento, recuperación ou almacenaxe segundo corresponda.
Os traballos de limpeza dos leitos fluviais ofrecen unha imaxe fermosa dos espazos naturais do concello, que son empregados por moitos veciños e visitantes para facer sendeirismo. Ao mesmo tempo constitúen unha garantía de seguridade ante posibles incendios forestais ou crecidas do nivel da auga no río. Principalmente se trata de retirar as herbas e a maleza pero, noutras ocasións atópanse con este tipo de desagradables vertidos.
A nova imaxe que presenta cada un destes espazos é moi positiva, quedando para uso e goce dos veciños e como símbolo do compromiso do Goberno municipal polo medio ambiente.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



