BURELA (FNC) .- Burela celebra mañá sábado o día da árbore con diversas actividades enfocadas aos nenos de 3 a 12 anos, segundo explica a edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza. A cita será ás 12:00 do mediodía no Parque Tíjola “onde plantaremos unha árbore e despois as monitoras da Aula Medio Ambiental Gaia realizarán actividades didácticas cos nenos que asistan a esta celebración. Os rapaces van recibir material didáctico sobre o mundo da árbore”. Bouza anima aos nenos a participar neste día “tal e como fixeron noutras ocasións porque as actividades que imos desenvolver son de interese para todos eles”.
Burela celebra o Día da Árbore con actividades para nenas e nenos
Burela celebra o Día da Árbore con actividades para nenas e nenos
Relacionado
-
Inés López Couto: “Ao Sr. Castiñeira ou lle mandan as notas escritas de Lugo ou perdeu a vergoña nunha das súas fochancas da Avenida da Mariña”
-
Socioeconomía, xeopolítica, saúde, consumo e comunicación na xornada de peche das Xornadas Técnicas de Expomar
-
O Concello de Cervo mellora as arterias de comunicación no lugar de Motín, na parroquia de Castelo