Nota de Prensa
ANTONIO VEIGA ASEGURA QUE TODO O QUE FALTA PARA A POSTA EN MARCHA DO PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS ESTÁ NO TELLADO DO ALCALDE DE BARREIROS. OS NACIONALISTAS DIN QUE DEBERÍA FELICITARSE POLO APROBADO HOXE NO PLENO DO CONSORCIO.
Barreiros, 23 de marzo de 2009. Desde o BNG de Barreiros “entendemos que hoxe se deu un paso importante hacia adiante no tema do Consorcio de Bombeiros e cara á posta en funcionamento do parque comarcal de Barreiros. Hoxe reuníuse o pleno do Consorcio, que se reúne cando se ten que reunir. O Consorcio segue adiante coa súa marcha administrativa normal, segue adiante cos seus trámites, non sei a qué veñen certas preocupacións dalgún alcalde coma o de Barreiros, preocupacións que non tivo no seu día para conseguir a licencia”. O voceiro do BNG en Barreiros, Antonio Veiga, lembra que “éste é un edificio que está fora de ordenación, bueno estaba, e está a piques por fin o Concello de Barreiros de rematar os trámites para a concesión da súa licencia. Haberá que dicirlle tamén a Fuente Parga que explique con todo luxo de detalles cales foron as trabas e quen puxo as trabas para a concesión da licencia, creo que non son os responsables os que él está a dicir neste momento na prensa”.
Veiga Outeiro considera que “o alcalde de Barreiros hoxe tiña que felicitarse porque nese pleno se aprobou o orzamento do Consorcio e curiosamente aprobóuse ese orzamento para o último trimestre de 2009 (outubro, novembro e decembro) para o parque de Barreiros porque é o primeiro que se vai a poñer en marcha e tamén son boas noticias para Barreiros porque hoxe tamén se aprobou o persoal do Consorcio que contará con 102 traballadores dos que 19 son para Barreiros. O parque comarcal contará cun xefe de parque, 3 cabos bombeiros e 15 bombeiros conductores”. Desde o BNG engaden que “todo o que falta relacionado co edificio deste parque comarcal está no tellado do Sr.Alcalde, e o que para nós non é de recibo e decímoslle a Fuente Parga que mire ben as declaracións que fai para non caer en contradicións. Eu creo que, que a estas alturas e tres anos despois de terse firmado un convenio para o abastecemento de auga cos promotores inmobiliarios, siga dicindo que non pode garantir o abastecemento ao parque de bombeiros desde logo que é de risa porque aquí non había ningunha institución polo medio, a única institución que había era o Concello de Barreiros e 25 promotores. Agora si o alcalde foi incapaz durante estes tres anos de executar os avais e ofrecernos aos barreirenses un abastecemento de auga que garantizara durante 25 anos todas as previsións que había e dentro desas previsións están tamén non só as novas construccións e segundas residencias senón que tamén tería que estar o parque de bombeiros que debería ser a máis primordial de todas”.
Antonio Veiga non quere entrar “no que di o Sr.Alcalde sobre si dou auga si o incendio é en Barreiros ou non lle dou auga si o incendio é fora de Barreiros. Eu creo que iso é andar por libre e considero que o alcalde ten que aceptar os compromisos adquiridos e cando se decidiu, en pleno goberno do PP na Deputación e na Xunta, que se instalase o parque de bombeiros en Barreiros sería por razóns técnicas e non por outras razóns. E si era por razóns técnicas a Corporación e a alcaldía aceptóuno entón carga coa responsabilidade de darlle abastecemento de auga. Esas declaracións están fora de lugar, coma sempre botando as culpas a quen non as ten cando as culpas están dentro da propia casa. Eu creo que tres anos deron para moito, en tres anos non se fixo nada a respecto do convenio da auga e agora xa empezamos a pagar as primeiras consecuencias”.
Os nacionalistas lembran que “nós sempre nos mantivemos na mesma postura sobre o custe cero que a posta en marcha deste Consorcio debía ter para os Concellos e así no seu día a Xunta asumiu o 50% e a Deputación o 50% restante, aínda que nun principio se falaba de que os Concellos aportasen o 20%”.


















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



