BURELA .- O pasado sábado, Manuel Rivero estivo presentando o seu libro De Roncesvalles a Compostela en Burela. O autor estivo acompañado na mesa pola presidenta do Buril, Rosana Val e polo realizador burelao Matías Nicieza. A seguir houbo unha ronda de preguntas, estabelecéndose unha interesante conversa entre o público e o autor.
Entre os asistentes a presentación atopábase o ex-eurodeputado e socio de honra da AGAL Camilo Nogueira, a quen no fin do acto, Bernardo Penabade (ex-presidente da AGAL e socio do Buril) e Luzia Bouça (concelleira de Educación) fixéronlle entrega da documentación sobre o Modelo Burela, realizado por Matías Nicieza.





















Reyco Burela FS convoca a todos os socios e socias á Asemblea Extraordinaria que se celebrará o martes 28 de abril no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca) nunha primeira convocatoria prevista para as 20.00 h. e segunda para as 20.30 h. O acceso será única e exclusivamente para socios e socias, que deberán asistir á xuntanza co carné de socio/a e o DNI. Orde do día: 1. Lectura e aprobación da acta anterior. 2. Situación económica xeral. 3. Procedementos xudiciais contra o club. 4. Accións adoptadas para a continuidade do club. 5. Rogos e preguntas
A carreira, que comeza en Vilalba e remata en Barreiros, atravesará o municipio entre a ponte de Landrove (LU-540) e a saída pola LU-862 cara a Xove. O percorrido discorrerá pola avenida de Ferrol, Praza de Lugo e Travesía da Mariña, continuando desde a Porta de Carlos V pola LU-862. Segundo o horario previsto, o pelotón pasará por Viveiro entre as 12.35 e as 13.05 horas, producíndose nese intervalo restricións puntuais de tráfico. O Concello recomenda ter en conta estas afeccións e adoptar as precaucións necesarias para facilitar o bo desenvolvemento da proba.
A parada principal foi Cee, onde a expedición foi recibida no Museo Fernando Blanco, afondando nos vínculos históricos entre ambos municipios. Durante a visita, o director do centro destacou a “dobre conexión” entre Ortigueira e Cee, lembrando a figura de Manuel Rebollar, músico ortegán que dirixiu a Banda de Música de Cee entre 1927 e 1940. O recordo ao artista foi un dos momentos máis emotivos da xornada, ilustrando os lazos culturais que unen ás dúas localidades desde hai case un século.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.
O evento abrirase o xoves no Blanco Hotel Spa e pecharase o día 20 coa entrega de premios no Casino. Como novidade, este ano o público poderá elixir tres Pinchos Populares, reforzando o protagonismo da hostalaría local. Ademais, quen complete o selo de 10 locais entrará no sorteo dunha estancia no Hotel Marqués de Riscal.
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.
Trátase da oitava produción da compañía, coa que celebran o seu décimo aniversario. A peza narra as aventuras e desventuras de seis viaxeiros nunha ruta de autobús, acompañados polo seu chofer. Aínda que o ton é principalmente cómico, incorpora unha mensaxe de reflexión sobre a soidade e a importancia da convivencia. O centro social encheuse por completo, ata o punto de que parte do público tivo que seguir a representación desde o exterior, a través das ventás. Foi unha tarde divertida e participativa, na que a convivencia foi protagonista tanto dentro como fóra do escenario.



