CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, xestionará ante os próximos responsables da Xunta de Galicia melloras no proxecto de saneamento integral de San Ciprián. O actual executivo galego recortou de 6,3 millóns de euros a 4,5 millóns de euros o presuposto de este proxecto, según indican desde o concello de Cervo.
NOTA DE PRENSA
O proxecto orixinario, licitado polo anterior Goberno do PP contemplaba un orzamento de 6,3 millóns de euros que o Executivo de Touriño e de Quintana reduciu ata os actuais 4,5 millóns de euros
VILLARES XESTIONARÁ ANTE A NOVA XUNTA DO PP MELLORAS NO PROXECTO DE SANEAMENTO INTEGRAL DE SAN CIPRIÁN DESPOIS DE QUE O EXECUTIVO BIPARTITO O RECORTARA EN PRETO DE 2 MILLÓNS DE EUROS
• Entre outras cuestións Villares reclamará que se alongue o emisario da nova estación depuradora de augas residuais, para evitar así provocar graves prexuízos á principal empresa acuícola emprazada no polígono de Cuiña e garantir a súa viabilidade e todos os seus postos de traballo. A Xunta actual non atendeu esta mellora.
• Estas xestións non impedirán que os trámites administrativos previos ao inicio das obras prosigan con normalidade. A execución dos traballos terá lugar a finais do ano en curso.
Cervo, 27 de marzo de 2009.- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, xestionará ante os novos dirixentes da Xunta de Galicia do PPdeG a introdución de diversas melloras no proxecto de saneamento integral de San Ciprián despois de que o actual Executivo bipartito en funcións acometera un recorte nestas actuacións de preto de dous millóns de euros. O proxecto orixinario licitado polo anterior Goberno do Partido Popular no ano 2005 (DOGA do 5 de setembro) contemplaba un orzamento de 6,3 millóns de euros que os actuais responsables en funcións da Xunta bipartita reduciron a 4,5 millóns de euros, recorte que operou en contra dos intereses dos veciños e veciñas de San Ciprián e respecto do que o Goberno municipal sempre mantivo a súa oposición.
O xiro político protagonizado pola vitoria do Partido Popular de Galicia nas pasadas eleccións autonómicas e o inminente nomeamento do novo Goberno da Xunta, presidido por Alberto Núñez Feijóo, abre unha porta á posibilidade de introducir novas melloras no proxecto actual, de tal xeito, que o Concello de Cervo poida ver colmadas as súas reivindicacións respecto do novo saneamento integral de San Ciprián.
ALONGAMENTO DO EMISARIO DA DEPURADORA
Entre as melloras que o Concello de Cervo proporá á nova Xunta está a ampliación do emisario de vertido das augas residuais que, previamente tratadas na nova estación depuradora que se emprazará no polígono de Cuiña dilúense no mar. Cúmprese así cunha das alegacións formuladas por unha importante empresa acuícola asentada neste polígono que entendía que a situación do emisario actual podería prexudicala. Esta inquietude xa foi manifestada pola empresa aos actuais responsables da Xunta de Galicia máis non fixeron ningún caso. A actual ubicación do emisario prexudica a viabilidade da empresa e os postos de traballo. Por iso o Concello de Cervo asume como propia esta petición e comprométese a trasladarla aos novos xestores da Xunta.
INICIO DOS TRABALLOS EN 2009
O rexedor municipal de Cervo clarexa que as xestións que ten previsto desenvolver diante da nova Xunta non impedirán que os trámites administrativos previos ao inicio das obras prosigan con total normalidade. De feito, o proxecto actualmente en vigor -e que se verá mellorado despois da xestións do Concello de Cervo co novo Executivo autonómico,-ten previsto o inicio e a ecución dos primeiros traballos a finais do ano en curso, horizonte temporal que será respectado. Abondando nesta mesma liña, Alfonso Villares explicou que a incorporación do proxecto de novo saneamento de San Ciprián dentro das actuacións a financiar con cargo ao Fondo de Dinamización da Economía obriga e garante a que as obras comecen no 2009.
CUMPRIMOS
O novo saneamento de San Ciprián constitúe unha promesa electoral firme do Partido Popular de Cervo. O Goberno Municipal vén traballando neste obxectivo desde fai tempo. Xa no 2005 contaban cun proxecto orixinario que sufriu diversas modificacións. Algunhas delas foron moi positivas, como por exemplo as melloras propostas polo Concello de Cervo como son o cambio de emprazamento da EDAR -que pasa da zona de Lieiro ata o polígono de Cuiña- ou o cambio no sistema de tratamento das augas residuais. Outras non tan acertadas, como foi o recorte do investimento total por parte da Xunta bipartita, ao negarse a manter unha serie de aspectos positivos do proxecto orixinario -fundamentalmente, que a Xunta asumía o mantemento da EDAR durante varios anos-. Afortunadamente as xestións do Alcalde de Cervo diante de Augas de Galicia durante o 2008 arrincaron o compromiso dos responsables do Ente Público para levar adiante o novo saneamento e xusto despois, logrouse que o Ministerio de Medio Ambiente asumira o seu custe con cargo ao Plan E. Agora as esperanzas están postas en que a nova administración da Xunta asuma -con toda seguridade o fará- novas mellorar que serán obxecto de proposta desde o Goberno municipal.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



