CERVO .- O colectivo cervense A Sombriza conmemora o Día Internacional da Árbore e poñerá en marcha unha campaña para sensibilizar sobre a importancia da reciclaxe como instrumento útil e efectivo na tarefa de protexer o medio ambiente e preservar a riqueza natural do contorno. Como medio de sensibilización, membro de A Sombroza repartiron máis de 180 portabolígrafos con forma de colector de recollida de residuos entre o alumnado do instituto Marqués de Sargadelos de San Ciprián.
NOTA DE PRENSA
O colectivo xuvenil desenvolve esta actividade en conmemoración do día internacional da árbore
A SOMBRIZA REPARTIRÁ ENTRE OS ALUMNOS DO I.E.S. MARQUÉS DE SARGADELOS UN PORTABOLÍGRAFOS COA FIGURA DOS DISTINTOS COLECTORES DE RESIDUOS PARA CONCIENCIAR SOBRE A IMPORTANCIA DA RECICLAXE
• Recilar é unha maneira moi sinxela de protexer o medio ambiente e preservar a riqueza natural e paisaxística. Constitúe un compromiso persoal de respecto cara o noso planeta obxectivo no que, os máis novos, deben ser os protagonistas.
Cervo, 18 de marzo de 2009.- Sensibilizar sobre a importancia da reciclaxe como instrumento útil e efectivo na tarefa de protexer o medio ambiente e preservar a riqueza natural do contorno é o que pretende a asociación cultural A Sombriza coa posta en marcha dunha campaña a través da que os membros deste colectivo xuvenil repartirán esta mañá máis de 180 portabolígrafos con forma de colector de recollida de residuos entre o alumnado do instituto Marqués de Sargadelos de San Ciprián.
DÍA DA ÁRBORE
En coincidencia cos actos en conmemoración do día da árbore, a asociación cultural A Sombriza empraza ás mozas e mozos a adquirir un compromiso de respecto cara o noso planeta. Para avanzar no desenvolvemento sostible non só é necesario que as grandes multinacionais, as administracións ou os gobernos desenvolvan políticas de protección medioambiental, tamén cada un de nós, desde o compromiso individual e cunha sinxela acción como é a reciclaxe de residuos, plásticos, papeis ou vidro podemos contribuír a este obxectivo.
Os membros do colectivo cultural A Sombriza insisten en que mudando algúns vicios adquiridos pouco respectuosos co medio natural e adquirindo unhas sinxelas pautas de comportamento podemos lograr unha gran repercusión no ámbito da preservación do medio natural, de xeito especial se co tempo son asumidas por un número crecente de persoas. Nesta tarefa é importante a concienciación da xuventude. “As novas xeracións estamos chamadas a herdar o noso planeta e aproveitar dun xeito sostible os seus recursos”.
SENSIBILIZAR CUN INSTRUMENTO ÚTIL PARA OS ESTUDANTES
“A nosa intención é que, a través dun obxecto de gran utilidade para os estudantes como pode ser un portabolígrafos, cada un deles lembren estas ideas, se conciencien da importancia do reciclaxe e asuman o compromiso de mudar os hábitos diarios de consumo. Debemos camiñar ata o día no que a calidade de vida de todos os seres vivos do planeta sexa compatible coa súa preservación para as xeracións futuras. O mellor aliado nesta loita somos, claro está, os máis novos.”
A RECICLAXE EN CERVO
Reciclar o lixo consiste en volver ao ciclo produtivo os materiais presentes nos residuos para que, despois dun tratamento, poidan incorporarse ao mesmo proceso. É preciso colaborar coa recollida selectiva da súa localidade depositando cada tipo de residuo no seu contedor. Unha correcta separación facilita enormemente o proceso de reciclaxe.
A cor amarela dos colectores indícanos que ten como función a recollida de envases tipo cartón (tetra-brik) e pequenos plásticos.
No contedor azul, debemos depositar o papel e o cartón, a ser posible libre de grampas e cintas adhesivas, pois estas dificultan moito a súa posterior reciclaxe. O papel e o cartón recíclanse facilmente. En España recíclanse cada ano máis de dous millóns e medio de toneladas de papel, aínda que unha cantidade moi similar é enviada a vertedoiros ou incineradoras, polo que é necesario aumentar o nivel de recollida deste produto. De feito, por cada tonelada de papel que se recicla se evita o corte de 14 árbores, o consumo de 50.000 litros de auga e máis de 300 quilogramos de petróleo.
No contedor verde deben depositarse os envases de vidro. Por cada botella de vidro que se recicla, aforramos a enerxía necesaria para manter un televisor aceso durante 3 horas. Reciclando as 3.000
botellas que entran aproximadamente nun iglú da recollida selectiva afórranse arredor de 130 quilogramos de petróleo e 1.200 quilogramos de materias prima
O aceite de cociña usado nunca debe ser vertido polo vertedoiro pois, ademais de contaminar os acuíferos, dificulta enormemente a depuración das augas residuais. Unha boa práctica é utilizalo para fabricar xabón artesanal na propia casa, co que se obterá un produto moito menos nocivo para o medio que os comerciais e apto para lavar a roupa ou a louza. Outra é aproveitar os colectores instalados en varios puntos do termo municipal.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



