RIBADEO .-A asociación de veciños O Tesón solicta do Concello de Ribadeo que “comece a proxectar e realizar un entramado de carrís bici para o pobo” e que se “potencie de xeito consecuente o préstamo de bicicletas”. O Teson asegura que “ten seguido a evolución do parque de bicicletas do concello. Lembramos que a súa posta en marcha acompañouse da propaganda da ruta turística dos miradores, os lugares de aluguer inaugurados e a esperanza dun funcionamento continuado. Despois viñeron as épocas de falta de atención, e así ata o presente”.
Nota de prensa
Dende hai tempo a AVV O Tesón ten seguido a evolución do parque de bicicletas do concello. Lembramos que a súa posta en marcha acompañouse da propaganda da ruta turística dos miradores, os lugares de aluguer inaugurados e a esperanza dun funcionamento continuado. Despois viñeron as épocas de falta de atención, e así ata o presente. Todo elo, sen ser acompañado dunha mínima infrastrutura de circulación de bicicletas.
Visto en conxunto e coa precepción dun esquecemento e unha falta de actuación sobre o tema, a AVV presentou no concello a finais da pasada semana un escrito con suxerencias destacando os seguintes puntos:
…
Que xa hai varios anos que Ribadeo dispón de bicicletas de aluguer,
Que ditas bicicletas, anunciadas a bombo e platillo, foron inmediatamente deixadas de man, descoñecendo na actualidade a poboación o seu paradeiro, posibilidades de uso ou mesmo estacións de parada,
Que ditas bicicletas foron postas en marcha de xeito acorde coa promoción de rutas turísticas, pero ditas rutas non foron adecuadas para o tránsito en bicicleta,
Que en Ribadeo o tráfico rodado sufre de carencias diversas, complicándose no verán e sendo desexable o subministrar alternativas,
Que o desenvolvemento de viais para bicicletas redunda tamén na saúde cidadá,
Que na actualidade diversas actuacións que se están a dar en Ribadeo poderían facilitar a existencia de carrís bici
Polo que
Solicita que se comece a proxectar e realizar un entramado de carrís bici para o pobo, incluíndo:
*
conexión do centro urbano coa zona escolar (por exemplo, Avda. Asturias-Avda. Galicia e Rosalía-San Roque-Virxe do Camiño para entroncar coa Deputación-S. Lázaro e Alfredo Deaño respectivamente)
*
conexión coa piscina (r. Pintor Fierros)
*
colexio das Monxas (Lazúrtegui)
*
zonas turísticas (Paseo Rdguez. Castelao e baixadas limítrofes, estrada ó faro, estrada Vilaselán-castro Grobas)
E se potencie de xeito consecuente o préstamo de bicicletas, modelo que estimamos debe ser revisado.
…
Todo o que poñemos en coñecemento do pobo para potenciar o efecto da nosa petición, e esperando que nun próximo futuro o uso da bicicleta facilite a circulación no pobo, axude ós desprazamentos na vila, e contribúa tanto a mellorar a vida saudable dos ribadenses como a mellorar as posibilidades de atracción turística.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



