BURELA .- (FNC)A Concellaría de Mar que dirixe Remedios López Villar realizará en Semana Santa un curso de formación para os interesados en ter o título de patrón de embarcacións deportivas a motor. Segundo explica a edil socialista “este curso, necesario para patronear lanchas de ata 6 metros de eslora e 40 Kw de potencia, realizarase os días 10 e 11 de Abril nas aulas de Expomar a parte teórica; e nunha lancha, se o tempo o permite, no porto de Burela terá lugar a formación práctica”.
Remedios López lembra que “poderán participar todos aqueles interesados maiores de 18 anos ou maiores de 16 con permiso paterno. O curso está limitado a 20 persoas e o custe será de 200€ , ainda que será gratis para todos aqueles que estean empadroados no Concello de Burela”.
A concelleira de Mar sinala que “este curso xa se realizou o ano pasado e cubríronse todas as prazas, co cal este ano esperamos que teña a mesma aceptación. Recordamos, tamén, que temos aberta unha lista para os interesados en facer o curso de Socorrista Acuático, e que se iniciará unha vez que se xunte un mínimo de 15 persoas. Con estes cursos dende a concellería do mar, pretendemos inculcar coñecementos náuticos básicos na poboación para comezar a navegar con seguridade, adquirir coñecementos de sinais e unha pequena formación lexislativa xa que para Burela o mar é un gran referente”





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



