BURELA .- Alumnos de terceiro curso da ESO do IES Perdouro de Burela viaxaron a Francia con motivo dun intercambio co Collège Jean Monnet do concello de Janzé, na Bretaña francesa. A finalidade do intercambio foi o encontro entre os mozos que lles permitiu, durante dez días, convivir coas xentes da localidade. Os alumnos franceses visitaran Burela o pasado mes de febreiro.
Nota de Prensa
Alumnos de 3º ESO do IES Perdouro desprazáronse a Francia co motivo do seu intercambio que mantén co Collège “Jean Monnet” entre o 18 e 29 de marzo de 2009
A semana pasada, os estudantes de 3º de ESO do IES Perdouro participaron neste programa e deron comezo a unha aventura difícil de esquecer. O Intercambio lingüístico transfronteirizo entre mozos da comarca de Janzé da Bretaña Francesa e Burela permitiu durante dez días convivir coas xentes dunha localidade preparada para acollelos.
Un Programa Intenso
A primeira parada foi a capital francesa, París. Alí realizaron a visita aos lugares máis emblemáticos da cidade da Luz, paseando en bateau-mouche polo río Sena e aproveitando a noite para ver a Torre Eiffel escintilar e o conxunto monumental iluminado. Ademais pararon a visitar o Museo do Louvre, un dos museos máis importante de Europa, onde puideron ver a Mona Lisa, a Vitoria de Samotracia, a Venus de Milo, e a colección sobre Exipto. Logo de tanta cultura durante dous días en París, os alumnos puideron gozar dun día de lecer no parque temático de DisneyLand.
Unha axenda completa cun itinerario marcadamente cultural por Bretaña.
A finalidade do intercambio, é como non, o encontro entre os mozos. Logo da acollida dos franceses en Burela no pasado mes de febreiro, agora tocaba o reencontro no país galo. Alí esperáballes un programa de actividade deseñado pola profesora do Collège “Jean Monnet” de Janzé, Servane Le Gagne. Unha vez recibidos polo Director do centro, os alumnos puideron asistir ás clases e poder observar o sistema educativo francés. Tamén o grupo de alumnos foron recibidos polas autoridades locais no concello de Janzé dando o carácter institucional ao Proxecto de Intercambio entre os dous centros.
Ademais da formación académica recibida no colexio, os alumnos completaron a súa estancia visitando a cidade amurallada de Saint Malo, coñecida como a cidade dos Corsarios, e bombardea case na súa totalidade na Segunda Guerra Mundial, ademais de visitar detidamente a mundialmente recoñecida marabilla do Mont Saint Michel.
Achegáronse tamén a coñecer o conxunto megalítico de Carnac; o Cairn de Gavrinis, construído contorna a 3500 antes J.C., cuxa particularidade son os magníficos gravados neolíticos únicos conservados por estar situado nunha illa, e estar a salvo dos pillaxes; o Dolmen da Roche aux Fées, onde descubriron a lenda que escondía esta alameda de pedras erguidas. Finalizaron o seu percorrido por Bretaña, visitando a capital bretona, Rennes.
O último día antes de partir, os nosos mozos gozaron dunha cea de despedida tipicamente bretona.
Esta iniciativa que coordina a xefa do departamento de francés do IES Perdouro, Karina Parga, supón un enriquecemento non só lingüístico senón tamén humano. “Isto vai máis aló. Congratúlanos poder ver que a amizade entre os nosos mozos prolóngase despois do intercambio.”
Os contactos e a convivencia nas familias durante eses días fixeron que os alumnos burelenses gozasen dun contexto real no que puideron aprender moitas máis cosas que nunha clase normal. O Dpto. de Francés subliña a importancia para os seus estudantes de coñecer a vida familiar, escolar e cidadá doutros mozos coma eles.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



