CERVO.- A concellaría de Deportes do Concello de Cervo espera recibir axudas da Xunta de Galicia para arranxar os estragos da piscina e achaca os actuais problemas ao anterior goberno da Xunta. A responsable de Deportes afirma que o custe do mantemento é moi alto e está sendo pagado por todos os veciños do concello, xa que as cuotas de uso non chegan para o funcionamento. As explicacións da edil de Deportes son en resposta á queixa do PSOE que facía públicos as deficiencias da pía de Lieiro.
NOTA DE PRENSA
A edil de Deportes do Concello de Cervo explica que o mantemento da piscina municipal de Lieiro esixe un investimento anual de preto de 120.000 euros procedentes das arcas municipais
CERVO MELLORARÁ A PISCINA MUNICIPAL DE LIEIRO DESPOIS DOS ATRANCOS DA ANTERIOR XUNTA
* O anterior Goberno da Xunta de Galicia, conformado por socialistas e nacionalistas, empregaba escusas peregrinas para evitar colaborar no mantemento dunha das dúas piscinas olímpicas que existen en Galicia
* De xeito afortunado, o cambio de Goberno garante que chegarán novos investimentos e axudas para mellorar o servizo que se presta nestas instalacións municipais.
* O PSOE de Cervo nunca se interesou pola piscina salvo para reclamar a reposición da placa de inauguración desta obra faraónica que se construíu sen ter en conta nin planificar axeitadamente o seus custes de mantemento. Pese a iso, o Goberno municipal garante o seu uso público en interese dos veciños e veciñas de Cervo.
Cervo, 25 de abril de 2009. A Concellaría de Deportes do Concello de Cervo vén de dar resposta ás declaracións efectuadas polo Partido Socialista de Cervo referentes ao mal funcionamento da Piscina Municipal de Lieiro. A edil Yolanda Pedreira Cruz afirma que desde o Goberno municipal, sempre mantiveron que a obra da piscina era unha obra faraónica, algo que a día de hoxe seguen a pensar. No noso entender esta piscina construíuse sen ter en conta os custes de mantemento que carrexaría. Pese a iso, o Goberno municipal garante o seu uso público en interese dos veciños e veciñas de Cervo. Pois está claro que piscinas destas características e dimensións (olímpica) hai poucas -dúas en toda Galicia- o que lonxe de ser un problema constitúe toda unha satisfacción e un luxo para as veciñas e veciños de Cervo.
CUSTOSO MANTEMENTO
En todo caso, sería un erro pensar que o feito de que a auga sexa quentada por Alcoa signifique que a piscina municipal sexa a máis económica da zona, posto que os gastos derivados das súas dimensións – persoal e mantemento – son moi elevados, resultando case imposibles de cubrir a través dos ingresos en concepto de cotas dos socios e usuarios. “A realidade é que o Concello de Cervo ten que achegar en fondos propios preto de cento vinte mil euros todos os anos para o seu mantemento”.
A ANTERIOR XUNTA NON QUERIA FACER NADA POR CERVO
A delegada municipal de Deportes, Yolanda Pedreira, clarexa que se pediron axudas á Consellería de Deporte para adecuar as instalacións, pero que estas foron denegadas con escusas peregrinas que foron obxecto de impugnación polos procedementos legalmente establecidos aos efectos. Asegura que todas as subvencións foron presentadas dentro do seu prazo, pero que a vontade do anterior goberno da Xunta era a de non facer nada en Cervo, e incluso eliminar aquelo que xa estaba conformado. Un exemplo deso é o parque de bombeiros, que ía estar en Cervo e pasárono para Viveiro, cos aplausos dos edís socialistas do concello e, de xeito especial, da súa portavoz municipal.
TEMPERATURA DENTRO DAS MARXES LEGAIS
Referente ao Fondo Estatal de Obras, Yolanda explica que non se pediu ningunha obra para a mellora das instalacións da piscina, do mesmo xeito que tampouco figuraban na proposta presentada polo Partido Socialista. Os veciños deben de saber que toda a preocupación mostrada polos concelleiros do PSOE se limitou a cinco peticións desde o mes de xuño de 2008, das cales catro eran para solicitar a reposición da placa de inauguración – que foi retirada por obras nas instalacións- e só unha, de marzo deste ano, na que se queixaban de que a temperatura da auga era baixa. A temperatura da piscina municipal de Lieiro sempre estivo dentro das marxes legais e, desde logo, en temperaturas un pouco superiores ao resto das piscinas da comarca. As fluctuacións que ás veces se producen, dependen de baixadas de condensado de vapor que se envía desde a fábrica de Alcoa, pero aínda así, a temperatura sempre se mantén nas marxes legais.
RECLAMARÁN APOIO PARA MELLORAR O SERVIZO
Desde o Concello de Cervo son conscientes de que hai posibilidade de mellorar algúns aspectos e, con esta vontade de traballo en postivo, solicitaron unha reunión cos actuais responsables da Xunta para intentar desenvolver as melloras precisas nestas instalacións municipais que, debemos recordar son públicas e de todos os veciños e veciñas de Cervo e, como responsables públicos teñen que dicir, porque así o senten, que son as mellores.
ESPERANZA DE CAMBIO: NOVO GOBERNO
Yolanda Pedreira lamenta que tiveran que ser sempre os cidadáns os que pagaran as consecuencias da falta de compromiso por parte do anterior Goberno da Xunta, pero está segura de que esta situación vai cambiar, xa que “agora as nosas peticións van ser escoitadas, e non esquecidas como polos anteriores responsables da Xunta de Galicia”. O que non se pode facer, como intenta o PSOE, é actuar dun xeito pouco construtivo e criticando unha situación que eles no seu día (a piscina foi feita pola mesma empresa coa que sempre traballaba o executivo do PSOE e que ao chegar ao Goberno o PP no ano 2009, denunciou as múltiples deficiencias estructurais das instalacións. Deficiencias que foron referendadas pola administración xudicial) e os seus compañeiros de Santiago (non deron nin unha soa axuda para a piscina) no anterior Goberno da Xunta, contribuíron a que se estea a producir.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



